Inicio Galicia Miranda traslada o apoio da Xunta ao proxecto da Federación de Centros...

Miranda traslada o apoio da Xunta ao proxecto da Federación de Centros Españoles en Venezuela de contratar un seguro médico que atenda aos residentes españois no país suramericano

0

O secretario xeral da Emigración preside a xuntanza con responsables da FECEVE, que aglutina aos centros españois no país suramericano


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, aproveitou o comezo da súa nova viaxe institucional a Venezuela para reunirse cos responsables da Federación de Centros Españoles de Venezuela, aos que lles trasladou o apoio da Xunta ao proxecto no que está a traballar FECEVE para contratar un seguro médico que atenda aos españoles residentes no país suramericano.

Rodríguez Miranda salientou a importancia desta iniciativa para a colectividade, máis se cabe “no contexto e na situación social que están a vivir os residentes en Venezuela”.

Neste marco, o responsable do departamento autonómico reuniuse tamén cos representantes das entidades galegas na procura de avaliar e avanzar no plan de traballo conxunto que está a permitir asistir aos galegos do país suramericano. Un escenario no que insistiu no papel chave que desempeñan as entidades galegas espalladas polo mundo á hora de detectar e canalizar as necesidades máis urxentes dos residentes no exterior. Institucións como a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, a Hermandad Gallega de Valencia, o Centro Gallego de Puerto la Cruz ou o Centro Gallego de Maracaibo -todos eles presentes na xuntanza- son “pezas fundamentais” para o éxito do sistema de prestación e apoio social que desenvolve a Xunta de Galicia en Venezuela e noutros países do mundo.“Malia que cada vez son máis os galegos que volven a casa, en Venezuela aínda permanecen máis de 35.000 galegos. Unha colectividade para a que o ano pasado destinamos 2,2 millóns de euros, cifra que neste 2019 que estamos a rematar ascende a máis de 3 millóns”, detallou Miranda. Encontros de traballo na embaixadaA axenda oficial do secretario xeral da Emigración levouno tamén hoxe a manter distintos encontros de traballo co embaixador de España en Caracas, Jesús Silva, e co cónsul de España en Venezuela, Juan José Buitrago de Benito, co obxectivo de “afondar na necesaria coordinación entre as administracións española e galega”.

Ambas xuntanzas responden a unha necesidade urxente de actualizar de xeito permanente tanto a situación do país como a da colectividade española, e máis concretamente a galega, que reside nel. A complicada situación económica e social que atravesa a república require dunha atención especial aos labores de información e asesoramento aos galegos que viven en Venezuela, tanto á hora de optar ás diferentes liñas de axuda como á de plantexarse o seu retorno á comunidade galega.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre