Inicio Galicia Miranda traslada a representantes de entidades galegas en Cataluña o apoio unánime...

Miranda traslada a representantes de entidades galegas en Cataluña o apoio unánime e a solidariedade da sociedade galega ante a complexa situación social que están a vivir

0

Amosa a súa preocupación pola realidade actual dos galegos que residen en Cataluña ante as consecuencias que está deixando o conflito aberto polo independentismo


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe encontros de traballo co presidente da Asociación Centro Galego e Casa de Galicia de Barcelona e Provincia, Domingo Balboa, e co seu homólogo do Centro Galego de Tarragona, José Lago, aos que lles trasladou o apoio unánime e a solidariedade da sociedade galega ante a complexa situación social que están a atravesar.

Neste marco, o representante do goberno autonómico amosou a súa preocupación pola situación actual dos galegos que residen en Cataluña ante as consecuencias que está deixando o conflito aberto polo independentismo.

Miranda quixo, así mesmo, coñecer polo miúdo as previsións das entidades galegas para o vindeiro exercicio, ao tempo que aproveitou para reiterar a necesidade de impulsar a unidade para fortalecer ás diferentes asociacións e centros galegos en Cataluña.

Hoxe en día a colectividade catalá conta con cinco asociacións, das que tres son o resultado da unión ou fusión de varias agrupacións. Estas agrupacións “aglutinan e dan voz á diversidade identitaria e cultural dos galegos na comunidade autónoma catalá e fomentan a participación na súa vida social”, sinalou o titular da Secretaría Xeral da Emigración.3.750 galegos menos en tres anosNo conxunto da comunidade autónoma catalá están censados, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2019, un total de 69.058 galegos nacidos en Galicia, máis de 1.200 menos ca en 2018, cando había 70.277; máis de 2.500 menos ca en 2017, cando eran 71.564; e 3750 menos que no 2016, cando a cifra acendía aos 72.808.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre