Inicio Galicia Miranda subliña que os Obradoiros de Sabores achegan a Río de Xaneiro...

Miranda subliña que os Obradoiros de Sabores achegan a Río de Xaneiro ?todas as bondades da gastronomía galega?

0

O secretario xeral da Emigración alaba a calidade e a variedade gastronómica galega, posta de manifesto neste nova edición dos showcookings que ven organizando o goberno galego nos últimos dous anos


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo embaixador de España, Fernando García Casas, e polo cónsul, Luis Prados Covarrubias, asistiu hoxe a unha nova edición dos Obradoiros de Sabores, que desta volta están a achegar a Río de Xaneiro “todas as bondades da gastronomía galega”. Non en van, esta iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, ten como obxecto a promoción de produtos alimentarios de orixe galega, nos ámbitos relacionados co empresariado galego no exterior.“Hai poucos sitios nos que un galego se poida sentir máis a gusto que en Río de Xaneiro e rodeado de bos produtos do mar e a terra galegos, e de chefs que os saben converter nun tesouro único. Os Obradoiros de Sabores naceron coa idea de traer a esta beira do Atlántico, que sentimos case tan nosa como a outra, un pouco máis de nós. Logo de coidar dos nosos compatriotas, de integralos na vosa cultura, costumes e realidade cotiá, queríamos facervos partícipes tamén deste luxo co que nos agasalla todos os días a nosa terra: a cociña”, salientou Miranda.

Neste sentido, cómpre salientar que os Obradoiros de Sabores son un espazo especialmente deseñado para dar a coñecer os produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, así como da industria agroalimentaria galega, aos representantes máis relevantes dos sectores da comercialización por xunto, importadores e restauradores do país. Nel a prensa especializada tamén ten un lugar relevante, transformando a iniciativa nun escaparate dos produtos galegos comercializados, neste caso, no Brasil.

Así, durante o showcooking/degustación –que se desenvolve durante hoxe e mañá no Restaurante Victoria- infórmase aos asistentes das especiais características dos produtos galegos, facendo especial fincapé nos produtos galegos de calidade diferenciada e de marcas de calidadeCabe por en valor, unha vez mais, que Galicia conta 35 produtos amparados por Denominación de Orixe Protexida e Indicación Xeográfica Protexida, avalados pola UE. Ademais de ter 11 restaurantes con Estrela Michelín, a nosa comunidade posúe tres das catro provincias entre as 20 máis importantes de España pola súa gastronomía.“Calidade e prestixio” nas mans dun chef galegoNesta ocasión, o evento estivo conducido polo chef André Arzúa, con experiencia na xestión de diversos locais en Galicia. A nivel internacional, impartiu cursos en diferentes países como Suíza, Cuba, Bolivia ou Brasil. Na actualidade, Arzúa –que presentou un programa de cociña na TVG chamado “A cociña de André”-, ten inaugurado Espazo Abella, un centro de formación y divulgación gastronómica para profesionais do sector que inclúe un plató para a gravación de programas.

En definitiva, e como apuntou Miranda, “un chef referente da nosa gastronomía que suma calidade e prestixio” para conducir unhas xornadas que contaron tamén coa presenza de numerosos profesionais de distintos sectores relacionados coa gastronomía e a alimentación do Brasil.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre