Inicio Galicia Miranda subliña que o Programa de axuda ao retorno emprendedor ten permitido...

Miranda subliña que o Programa de axuda ao retorno emprendedor ten permitido a posta en marcha de case 190 iniciativas empresarias en Galicia

0

O secretario xeral da Emigración da conta no Parlamento dun programa que permite aos beneficiarios “construír un futuro laboral e unha unidade familiar con garantías” contribuíndo deste xeito a solucionar o reto demográfico que ten Galicia


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, subliñou hoxe, durante a súa comparecencia no Parlamento, que o programa de axuda ao retorno emprendedor ten permitido ata a data a posta en marcha de case 190 iniciativas empresarias en Galicia.“Queremos que todos os emprendedores sintan que Galicia sexa a súa mellor opción para vivir”, incidiu Miranda, quen destacou que, a través desta iniciativa, o Goberno galego aspira a que os beneficiarios, procedentes este ano de máis de 20 países, poidan “construír un futuro laboral e unha unidade familiar con garantías”, contribuíndo deste xeito a solucionar o reto demográfico que ten a comunidade.

O titular do departamento autonómico resaltou tamén a importante demanda que está a experimentar esta liña de apoios, que levou á Secretaría Xeral a incrementar en máis dun 50% o orzamento para este ano, ata superar os 350.000 euros.“Con estas axudas estamos a incentivar o retorno de galegos residentes no exterior que queiran emprender o seu negocio, en especial daqueles mozos da diáspora que desexen ter unha nova oportunidade na terra das súas raíces”, incidiu Miranda, quen, neste sentido, valorou que o programa está a permitir tamén o retorno da mocidade -a idade media dos beneficiarios sitúase nos 42 anos-, ao tempo que contribúe á dinamización do rural galego -a axuda increméntase en 2.000 euros se o negocio se establece nun concello do rural-.

Emprendemento, talento e política socialO secretario xeral subliñou que esta iniciativa, xunto ás Becas Excelencia Mocidade Exterior – BEME e ás Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, compoñen tres dos eixos fundamentais da Estratexia Retorna 2020, coa que o Goberno galego traballa para traer de volta a Galicia a máis de 20.000 galegos.“Emprendemento, talento e política social configuran unha parte moi imporante da política de retorno desta Secretaría”, incidiu Miranda, quen lembrou que a propia Estratexia conta con 15 millóns de euros para medidas específicas e 220 millóns de euros para accións transversais, abarcando dende o asesoramento e seguimento dos galegos da diáspora en todas as fases do retorno.

Unha nova oficinaNeste contexto, Rodríguez Miranda avanzou a próxima ampliación da Oficina de Asesoramento e Seguimento do Retorno, un servizo de xanela única que proporciona unha atención integral con un asesoramento e seguimento personalizado nas áreas de emprego e formación, social e educativa, e que vai ser reforzada cunha unidade central máis ampla e persoal en todas as provincias.“Esta Oficina contará cun persoal formado no ámbito xurídico e social para facilitar unha resposta áxil aos galegos do exterior durante o proceso de retorno e facer un acompañamento de xeito persoal aos retornados”, incidiu o secretario xeral, que puxo en valor que todas estas actuacións están a contribuír á mellora das cifras de retorno á comunidade. “Os números indican que estamos no bo camiño, con máis de 18.200 retornados desde o inicio da lexislatura”, salientou Miranda.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre