Inicio Galicia Miranda subliña que a mouteira de Río simboliza unha "dobre irmandade entre...

Miranda subliña que a mouteira de Río simboliza unha "dobre irmandade entre dous patrimonios da humanidade e entre Galicia e Brasil"

0

O secretario xeral da Emigración visita o fito situado entre a Ponta do Arpoador e a Praia do Diabo, “un dos lugares máis belos da cidade turística por excelencia do Brasil”: “A colocación desta mouteira une o Patrimonio da Humanidade de Río e o seu Arpoador co noso Patrimonio do Camiño”


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á colocación da mouteira do Camiño de Santiago situada entre a Ponta do Arpoador e a Praia do Diabo. Nun acto no que estivo acompañado polo cónsul de España en Río, Luis Prados Covarrubias, e polo embaixador, Fernando García Casas, Miranda destacou que este fito, parte dun proxecto impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, simboliza unha dobre irmandade: entre dos Patrimonios da Humanidade e entre Galicia e Brasil”.“A colocación desta mouteira une o Patrimonio da Humanidade de Río e o seu Arpoador co noso Patrimonio do Camiño de Santiago, simbolizando ao mesmo tempo o camiño da emigración que tomaron miles de galegos, que cruzaron o Atlántico na procura dunha vida mellor”, incidiu Miranda.

Non en van, e como recordou o responsable do Goberno autonómico, Brasil é o oitavo país do mundo con máis peregrinos, chegando a Compostela máis de 20.000 brasileiros nos último anos.“Hoxe, o Camiño de Santiago percorre miles de quilómetros, vertebrando España e boa parte de Europa. Unha ruta pola que chegan cada ano centos de miles de peregrinos de todo o mundo. De feito, só no 2018 visitaron Santiago 186 nacionalidades dos 193 países que compoñen as Nacións Unidas”, incidiu Rodríguez Miranda.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre