Inicio Galicia Miranda subliña que a historia da emigración galega a Cuba é o...

Miranda subliña que a historia da emigración galega a Cuba é o ?fiel reflexo dos fortes lazos que desde hai séculos unen estreitamente ambas terras?

0

O secretario xeral da Emigración participa na conferencia ‘A presenza galega na Habana’, promovida polo Consello da Cultura Galega con motivo do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe na conferencia A Habana Galega, promovida polo Consello da Cultura Galega no marco do actos conmemorativos do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana. Un escenario no que o titular do departamento autonómico fixo fincapé na historia da emigración galega a Cuba como “fiel reflexo dos fortes lazos que desde hai séculos unen estreitamente ambas terras”.

Así, durante o coloquio –que se celebrou na sede do CCG e que contou coa participación da propia presidenta do Consello, Rosario Álvarez, da adxunta á Valedora do Pobo, María Xosé Porteiro, e da a consulesa xeral de Cuba en Galicia, Yahima Martínez Millán-, Miranda afondou na historia da emigración galega na illa. Unha historia que se manifesta hoxe en día nos máis de 43.000 galegos que viven en Cuba, a maioría deles, descendentes de emigrantes que naceron xa na illa.“Como ben dixo Neira Vilas, sen o relato da diáspora, a nosa historia estaría mancada. Fai décadas, a emigración galega abriuse paso como un camiño cara unha vida mellor. E en moitos casos, ese camiño chegou a Cuba, facendo da Habana un dous lugares máis transcendentes do galeguismo. E nós ni podemos nin queremos esquecelo”, salientou Miranda, quen lembrou que, entre outros fitos, na Habana cantouse por primeira vez o Himno galego, izouse a nosa bandeira ou xurdiu a Real Academia a comezos do século XX.“Pero más alá dos símbolos, Galicia garda con Cuba unha inmensa débeda cultural e infinidade de lazos, como ben podemos comprobar nesta xornada”, proseguiu o secretario xeral, quen apuntou algúns daqueles “lugares que simbolizan a presenza galega na Habana”: o antigo Centro Galego da Habana (hoxe, Gran Teatro de la Habana Alicia Alonso), os teatros de Payret e Fausto, os hospitais Hijas de Galicia e La Benéfica, o Instituto de Literatura Lingüística, ou a Sociedade Cultural de Rosalía de Castro.

Uns fitos que poñen en valor a “estreita relación entre Cuba y Galicia, que chega ata os nosos días a través deses miles de galegos que seguen a desenvolver as súas historias e proxectos persoais na illa”. Por este motivo, salientou Miranda, “coidar a nosa colectividade cubana non é senón reforzar un dos nosos vínculos máis antigos coa Galicia exterior”.

No marco da celebración destes 500 anos da fundación da Cidade da Habana, o Museo do Pobo Galego acolle a exposición O soño cubano da emigración galega. Esta mostra, impulsada tamén polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral, é un fiel retrato das inquietudes e aspiracións dos galegos emigrantes que chegaron a illa dende finais do século XIX.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre