Inicio Galicia Miranda subliña que a exposición Inventio Mundi ?é unha nova forma de...

Miranda subliña que a exposición Inventio Mundi ?é unha nova forma de homenaxear a todos aqueles galegos que levan séculos levando o noso nome polo mundo?

0

O secretario xeral da Emigración resalta que a mostra, impulsada polo Consello da Cultura Galega e que permanecerá no Museo de Pontevedra ata o 14 de xaneiro, “realza o papel de Galicia nas viaxes transoceánicas dos séculos XV a XVII”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe a inauguración da mostra Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XVI-XVII, organizada polo Consello da Cultura Galega e que vai acoller o claustro do Edificio Sarmiento ata o vindeiro 14 de xaneiro. Un acto no que o representante do goberno autonómico subliñou que esta exposición é unha “nova forma de homenaxear a todos aqueles galegos que levan séculos levando o noso nome polo mundo”.

Neste sentido, Rodríguez Miranda destacou que a mostra “realza o papel de Galicia nas viaxes transoceánicas dos séculos XV a XVII”, que foron o punto de partida da unión entre Galicia e América.

Unha unión que, como explicou, perdura cinco séculos despois, foi reforzada de modo extraordinario pola emigración galega dos séculos XIX e XX, e “segue hoxe máis viva que nunca”. “Os procesos migratorios resultan fundamentais para entender o nacemento e consolidación da cultura galega moderna”, subliñou o secretario.

Neste escenario, Rodríguez Miranda salientou a importancia destes movementos para entender o “nacemento e consolidación da cultura galega moderna e da nosa identidade contemporánea, unha suma de afectos e afirmacións aberta ao mundo e disposta á mestizaxe”.

A expedición de Magalhães/Elcano en imaxesA mostra amosa as consecuencias que a expedición Magalhães/Elcano, que partiu hai 500 anos, tivo para Galicia. Esta formidable viaxe deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros.

Pese a que Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, a Casa da Especiaría da Coruña, de onde partiría a segunda expedición para as Illas Molucas, foi un soño breve, pero deulle a Galicia un notable protagonismo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre