Inicio Galicia Miranda sitúa a Festa do Emigrante de Val do Dubra como ?lugar...

Miranda sitúa a Festa do Emigrante de Val do Dubra como ?lugar de encontro e de recordo permanente? da Galicia exterior

0

O secretario xeral da Emigración acompaña ao alcalde José Manuel Varela na novidosa ofrenda foral ante a estatua do Emigrante, punto de inicio en 1984 dunha festividade que se ven celebrando desde entón

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á xornada de clausura da Festa do Emigrante de Val do Dubra, que cumpre 35 edicións converténdose neste tempo nun dos principais referentes turísticos e culturais da comarca. Un marco no que o titular do departamento do Goberno autonómico situou a celebración como “lugar de encontro e de recordo permanente” da Galicia exterior.

Miranda fixo estas declaracións durante a novidosa ofrenda floral ante a estatua do Emigrante, na que participou xunto ao alcalde da localidade José Manuel Varela. Unha escultura que, como recordou, inaugurouse en 1984, configurándose como o punto de inicio dunha festividade que se ven celebrando desde entón e que “simboliza unha boa parte do que Val do Dubra é”: “Terra de galegos de aquí e de alá, dos que afortunadamente seguen, si, pero tamén de todos aqueles que no seu día tiveron que marchar”.

Neste contexto, o secretario xeral da Emigración animou, tanto aos galegos no exterior como aos residentes na comunidade, a “non deixar pasar a gran oportunidade e o gran reto que temos por chegar, o próximo Xacobeo 21”, para o que chamou a todos a facer de “embaixadores”. “Cada un de nós é o mellor exemplo do que é Galicia e do que quere ser Galicia, con ese próximo Xacobeo como destino común para facer da nosa terra, unha vez máis, centro de todas as miradas”, concluíu.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre