Inicio Galicia Miranda salienta que a aposta da Xunta polo retorno estase a materializar...

Miranda salienta que a aposta da Xunta polo retorno estase a materializar nos ?mellores datos da década? con preto de 3.500 lucenses que volveron á provincia neste período

0

Destaca que, “por primeira vez na historia, a oficina sae fora de Santiago” nunha mostra do compromiso do goberno galego co retorno: “Se o século XX foi o da emigración, queremos que o XXI sexa o do retorno”


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron hoxe a nova sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que vén de abrir as súas portas na cidade. Un marco no que Miranda salientou a aposta do goberno autonómico polo retorno, que se está a materializar nos “mellores datos da década” con preto de 3.500 lucenses que volveron á provincia neste período.

Neste escenario de crecemento constante do retorno, explicou Miranda, o goberno autonómico está a multiplicar a súa aposta por acompañar no proceso a todos os galegos do exterior. Un compromiso no que se sitúa a apertura desta sede en Lugo, que o propio Miranda cualificou de “fito histórico” ao tratarse da primeira vez que a oficina abre as súas portas fora de Santiago.

O titular do departamento autonómico incidiu en que a apertura desta sede, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, obedece a esa “aposta decidida” polo retorno que está a promover a Xunta. Non en van, e como lembrou, a oficina é parte da Estratexia Retorna 2020 impulsada pola Secretaría Xeral que, cun orzamento global de máis de 235 millóns dos que que 15 abarcan só medidas específicas, ten entre os seus obxectivos conseguir o “regreso a casa máis de 20.000 galegos do exterior” no período 2018-2020, contribuíndo deste modo a rexuvenecer a poboación e acompañando á persoa retornada durante todo o proceso de retorno.“Xunto á ampliación da oficina en Santiago, que conta con novas e mellores instalacións no Edificio do Xacobeo, poñemos en marcha esta sede aquí, en Lugo, e no resto das provincias galegas”, incidiu o secretario xeral, quen avogou por “seguir traballando xuntos” para “facer do século XXI o século do retorno”. Neste sentido, recordou, “o XII Consello de Comunidades Galegas que vimos de celebrar en Santiago centrou tamén unha parte moi importante do seu desenvolvemento no retorno, ata o punto de que, por primeira vez na historia, incorporouse un relatorio dedicado exclusivamente ao tema”.“Ata o de agora as cifras avalan a aposta do goberno galego e nos indican que imos polo bo camiño”, proseguiu Miranda, quen detallou que o 2018 foi o quinto ano consecutivo de crecemento do retorno, con máis de 7.000 galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por riba dos 18.200 retornados.

Neste contexto, o titular do departamento autonómico puxo en valor a importancia dunha oficina que permitirá “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. “Atopámonos con casos diarios de xente que quere volver a Galicia se atopa moitísimas dificultades, especialmente na tramitación de permisos de residencia para familiares dos galegos do exterior, ou na homologación dos títulos universitarios”, expuxo Miranda, quen demandou ao goberno central unha maior implicación nestas materias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre