Inicio Galicia Miranda salienta o potencial dos galegos do exterior na divulgación do Camiño...

Miranda salienta o potencial dos galegos do exterior na divulgación do Camiño de Santiago cara o Xacobeo 2021

0

O secretario xeral da Emigración percorreu o último tramo da Vía da Plata acompañando a 200 beneficiarios de “Conecta con Galicia” e “Escolas Abertas”


Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2018.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou esta mañá o papel fundamental que teñen os galegos do exterior tanto na proxección internacional de Galicia como dunha das súas principais celebracións, o Xacobeo, que volverá ter lugar en 2021 e cuxos preparativos xa puxo en marcha o Goberno galego. “A experiencia do Camiño de Santiago convirte os mozos, mozas e adultos galegos que viven fóra das nosas fronteiras en embaixadores de excepción”, sinalou o responsable, quen acompañou a 200 beneficiarios dos programas “Conecta con Galicia” e “Escolas Abertas” a percorrer o último tramo da ruta de peregrinación pola Vía da Plata. “A súa testemuña, o seu relato, convértese nunha crónica en primeira persoa que máis adiante difunden nos seus países de orixe, levando Galicia a todos os recunchos do mundo”, engadiu Miranda, quen lembrou que forman parte desta aposta pioneira mozos e adultos procedentes da Arxentina, O Uruguai, Venezuela, O Brasil, Chile, México, Suíza e os Estados unidos de América, entre outros. O botafumeiro e un antigo percorridoO percorrido, empregado antigamente para introducir o viño que chegaba do Ribeiro ata Compostela e o empregado polos peregrinos que procedían de Mérida, atravesa a praza de Mazarelos, que conserva o único arco que queda da muralla que rodeaba Santiago na época na que se edificou a primitiva catedral románica, no século XI, e que hoxe en día alberga a sede da Secretaría Xeral da Emigración. Alí, baixo o arco, recibiu o titular do departamento galego os participantes nos programas deseñados pola Xunta de Galicia para reforzar os vínculos dos galegos do exterior coa súa terra para sacar unha foto diante do edificio institucional e continuar cara a praza do Obradoiro. Os beneficiarios de ambas iniciativas do Goberno galego teñen reservada unha misa do peregrino para esta tarde ás 19 horas na que poderán contemplar o espectáculo do botafumeiro en movemento. Dos 200 participantes un total de 120 son beneficiarios do Conecta con Galicia, un programa deseñado pola Secretaría Xeral da Emigración para facilitar a convivencia de mozos do exterior cos dea Galicia territorial durante dúas semanas, unha das cales se dedica a facer o Camiño de Santiago e a outra, a gozar das actividades náuticas e ao aire libre no complexo xuvenil que a Dirección Xeral de Xuventude ten en Gandarío.

Leer más:  Javier Arias repetirá como delegado de la Xunta en Lugo

O 70 restantes son formadores de centros galegos espallados por todo o mundo que están a actualizar a través de “Escolas Abertas” os seus coñecementos tanto nas disciplinas relacionadas coa cultura galega (gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego) como nas de habilidades docentes no Centro Residencial Docente de Ourense. 


- Te recomendamos -