Inicio Galicia Miranda salienta o ?destacado labor de inclusión social e laboral a prol...

Miranda salienta o ?destacado labor de inclusión social e laboral a prol dos retornados? que realiza a Asociación Cantaclaro

0

O secretario xeral da Emigración reúnese cos representantes desta entidade coincidindo coa inauguración este sábado do seu novo espazo en Celanova (Ourense)


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de manter un encontro coa presidenta da Asociación Cantaclaro, Daysi Ramírez, que asistiu acompañada por Nieves Veloso y Jesús Acosta.

Durante a xuntanza, Miranda sinalou o “destacado labor de inclusión social e laboral a prol dos retornados” que esta asociación ven realizando desde o ano 2015. Non en van, e como lembrou, desde a súa orixe Cantaclaro tivo como obxectivo difundir a cultura venezolana e crear lazos de unión coa poboación galega.“Hai que por en valor o gran traballo de Cantaclaro, sobre todo pola dura situación que están a vivir tantos os venezolanos como os nosos galegos emigrados”, afirmou o secretario. Así, entre os numerosos proxectos que realizan destacan os distintos obradoiros para orientar aos retornados e axudalos en todo tipo de situacións, ofrecendo asistencia en temas administrativos, laborais ou formativos, e fomentado a confraternización.

A asociación, que conta na actualidade con 400 asociados, inaugurará este sábado día 12 a súa nova sede en O Penedo de Mourillos (Celanova) froito do acordo co grupo cultural Vecinos O Penedo, co que compartirán local. A obtención deste novo espazo permitirá ampliar as actividades feitas pola asociación, podendo ofertar actividades e obradoiros más lúdicos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre