Inicio Galicia Miranda salienta durante o 40 aniversario do Centro Español Santiago Apóstol de...

Miranda salienta durante o 40 aniversario do Centro Español Santiago Apóstol de Liechtenstein "o seu fiel compromiso a favor da cultura e o patrimonio galego"

0

O secretario xeral da Emigración asiste aos actos programados pola entidade destacando que “a Galicia que está agardando por vós é unha Galicia forte, lista e desexosa de aceptar toda a experiencia, a sabedoría e o coñecemento que levades convosco”


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desprazouse ata Liechtenstein con motivo da celebración do 40 aniversario do Centro Español Santiago Apóstol, onde destacou “o seu fiel compromiso a favor da cultura e o patrimonio galego” durante todos estes anos.

Na súa primeira viaxe oficial a Liechtenstein -país que constitúe unha das colonias que máis orixinarios da Costa da Morte concentra en Europa- Miranda salientou a importancia desta entidade no impulso de actividades culturais e sociais, o que ten permitido que, logo de catro décadas, se teñan convertido nun referente galego en Centroeuropa, tanto pola súa popularidade (atraen mesmo a galegos residentes en países veciños, como Alemaña ou Austria) como pola importancia que ten entre a comunidade galega residente no Principado, que supera as 300 persoas. “Galicia espéravos. A Galicia que está agardando por vós é unha Galicia forte, lista e desexosa de aceptar toda a experiencia, o saber e o coñecemento que levades convosco”, subliñou Miranda, quen tamén recordou o “o seu compromiso en prol dos galegos do exterior” coa entrega dunha placa conmemorativa que reflicte o “longo camiño percorrido” por este Centro.

Trala celebración do acto oficial do 40 aniversario, tiveron lugar as actuacións musicais, entre as que destacou a de A Roda. Preto dun milleiro de persoas puideron desfrutar en directo dun clásico da música tradicional galega.

Preto de 400 sociosA entidade, da que é presidente Manuel Figueroa, posúe preto de 400 socios, dos que a inmensa maioría son galegos e, destes, a práctica totalidade proceden dos concellos da Costa da Morte, incluíndo as terras carnotás, xalleiras e de Ordes. O propio Manuel Figueroa, orixinario de Muxía, e gran parte da xunta directiva da entidade son exemplos desta peculiaridade do centro, que organiza con regularidade conferencias e outras actividades enfocadas á comunidade galega nun Principado no que o 34 % da súa poboación procede do estranxeiro e que mantén a súa actividade e contacto permanente no tempo con Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre