Inicio Galicia Miranda salienta a importancia de manter vivos os vínculos entre a Galicia...

Miranda salienta a importancia de manter vivos os vínculos entre a Galicia territorial e a exterior como unha oportunidade para todos os galegos

0

O secretario xeral da Emigración participou no acto de homenaxe á emigración das Festas da Rosa do concello de Mos

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou a importancia que ten a preservación e o reforzo dos vínculos entre a Galicia territorial e a exterior para a construción dun país unido e forte. O responsable autonómico quixo referendar a súa aposta polo papel imprescindible que fan as entidades galegas do exterior na transmisión de valores, cultura e tradicións de Galicia durante o acto homenaxe á emigración que se celebrou onte á tarde no concello de Mos dentro do programa festivo das Festas da Rosa. “Isto é un win/win. Desde o Goberno galego quere aproveitar o papel fundamental que teñen as comunidades galegas no exterior para manter a nosa aposta por unha forma de facer as cousas na que todos gañamos. As entidades seguen a ser o noso mellor vehículo de transmisión da lingua, a cultura e a identidade galegas, pero tamén doutra parte máis práctica, a das medidas e axudas que a Xunta ten á súa disposición”, asegurou Miranda. “A cambio, estes lazos coa terra de orixe permiten a moitos galegos gozar das facilidades que pon o Goberno galego ao seu alcance para o seu retorno”, afirmou o responsable autonómico.

Leer más:  Javier Arias repetirá como delegado de la Xunta en Lugo

Unha aposta por preservar os lazosO secretario xeral da Emigración quixo reiterar os seus parabéns a un dos centros galegos no exterior que mellor encarnan o éxito desta aposta por conservar os vínculos coa terra de orixe, a Asociación de Residentes de Mos de Bos Aires, que está a celebrar o seu centenario. Miranda felicitou, así mesmo, ao Concello de Mos “por acordarse dos de alá e telos moi presentes no día da súa gran celebración, como parte da familia, porque é correspondencia xusta co sentir dos de alá, que despois de cen anos seguen a manter viva a chama da galeguidade”. “En Galicia, nos días de celebración sempre nos acordamos dos fillos que están fora, e témolos presentes”, concluíu o titular da Secretaría Xeral da Emigración. Antonio Rodríguez Miranda aproveitou a súa derradeira viaxe á Arxentina, a principios do pasado mes, para visitar a sede da entidade, á que fixo entrega dunha placa conmemorativa dos seus cen anos de vida.  


- Te recomendamos -