Inicio Galicia Miranda renova o seu compromiso coas actividades de difusión da cultura galega...

Miranda renova o seu compromiso coas actividades de difusión da cultura galega que desde hai anos leva a cabo a Casa de Galicia de Córdoba

0

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con representantes da Casa de Galicia de Córdoba, a quenes animou a seguir a traballar polas letras e a tradición galega


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, renovou, un ano máis, o compromiso do Goberno galego cos centros galegos que desde diferentes cidades e países do mundo dedican gran parte da súa actividade a preservar e difundir a cultura galega. Fíxoo durante e encontro que mantivo cunha das representantes e gran colaboradora da Casa de Galicia de Córdoba, Maribel García, entidade que constitúe un dos motores da conservación e promoción das letras galegas en Andalucía.

Unha das súas actividades culturais con máis relevancia, o premio de poesía curta Rosalía de Castro, vén de celebrar a súa vixesimocuarta edición, polo que está a preparar xa a convocatoria das súas vodas de prata, o vindeiro ano. Miranda aproveitou a ocasión para animar á directiva e socios da entidade galego cordobesa a seguir a traballar polas letras e a tradición galegas, como veñen facendo desde hai anos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre