Inicio Galicia Miranda remata á súa segunda visita do ano a Venezuela poñendo o...

Miranda remata á súa segunda visita do ano a Venezuela poñendo o foco sobre os máis de 12.700 galegos maiores que viven no país

0

O secretario xeral da Emigración visitou o centro de día da Hermandad Gallega de Venezuela, unha entidade que aglutina 25.000 socios da comunidade autónoma


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo fin onte á súa segunda viaxe do ano a Venezuela facendo unha mención especial aos galegos maiores que residen no país, que superan os 12.700, segundo os últimos datos oficiais, publicados con data 1 de xaneiro de 2018. O responsable autonómico aproveitou as últimas horas na república suramericana para visitar, xunto ao director xeral de Migraciones do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, Ildefonso de la Campa Montenegro, o centro de día da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, unha entidade que aglutina arredor de 25.000 dos 40.000 galegos que residen en Venezuela.

Miranda quixo poñer, así, o foco nun dos colectivos máis vulnerables que están a sufrir a situación de inestabilidade que azota o país suramericano. “O Goberno galego é consciente de que gran parte da fortaleza que ten hoxe provén directamente de todos aqueles que, a pesar de deixar a súa terra hai anos, ou mesmo décadas, seguiron profiríndolle un amor inesgotable e un recordo que permanece imborrable, e que ten o seu reflexo en cada recuncho de Galicia. A todos eles”, sinalou Miranda, debémoslles, xa non só a nosa prosperidade económica, senón tamén esa enerxía que fai dos galegos cidadáns universais e exemplos de loita, valor e esforzo na meirande parte dos países do mundo”. Os galegos maiores de Venezuela están a centrar, así, gran parte dos esforzos da Secretaría Xeral da Emigración en materia de axudas. Proba diso é a dotación dunha partida específica de 900.000 euros para axudas individuais para emigrantes galegos no exterior en situación de necesidade dirixida exclusivamente aos residentes no país suramericano. O prazo de solicitudes vén de ampliarse, ademais, ata o vindeiro día 5 para os maiores galegos de Venezuela de xeito excepcional. Esta decisión débese ás especiais circunstancias sociais e políticas concorrentes actualmente en Venezuela, que están a provocar grandes dificultades para que as persoas residentes neste país poidan reunir a documentación necesaria para solicitar as subvencións deste programa, así como para poder achegarse ás entidades colaboradoras habilitadas para axudar e facilitar a presentación electrónica das súas solicitudes. A situación sociopolítica do país está a agravar a situación de escaseza de recursos para a subsistencia, máis en sectores da poboación especialmente sensibles como o formado polas persoas maiores. Encontro coa directiva da HermandadO secretario xeral da Emigración mantivo, así mesmo, logo do percorrido polo centro de día, unha visita á oficina de atención social da Hermandad Gallega de Venezuela para facer seguimento do programa de axudas e de entrega de medicamentos. A entidade caraqueña é unha das canles máis importantes con que conta o Goberno galego no país para facer chegar as axudas da Xunta aos galegos con maís necesidades. A continuación, Miranda asistiu á recepción das Fuerzas Armadas españolas.

Leer más:  Queremos Galego convoca una manifestación para el 17 de mayo en protesta por los "retrocesos" en el 20 aniversario del Plan de Normalización

- Te recomendamos -