Inicio Galicia Miranda recibe no complexo histórico de San Martiño Pinario os 135 emigrantes...

Miranda recibe no complexo histórico de San Martiño Pinario os 135 emigrantes galegos residentes en América beneficiarios dos ?Reencontros na Terra? 2018

0

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos maiores trala súa visita á Catedral e antes da vista guiada pola capital galega e do seu regreso á residencia do Carballiño


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá en Santiago de Compostela os 135 beneficiarios da convocatoria deste ano do programa “Reencontros na Terra”, que aterraron en Galicia a pasada semana. O responsable autonómico mantivo un encontro cos maiores galegos, procedentes da Arxentina, O Brasil, O Uruguai, Venezuela e Cuba, durante a visita que levaron a cabo ao histórico complexo de San Martiño Pinario, situada na zona monumental de Santiago de Compostela e fronte á Catedral, que acolle desde finais do século XVI os peregrinos que acoden visitar a tomba do Apóstolo.

Tralo xantar celebrado no monumento compostelán, os participantes nesta nova edición do programa da Secretaría Xeral da Emigración gozaron dunha visita guiada pola capital galega antes de regresar á Residencia do Carballiño para Maiores con Autonomía, dependente da Consellería de Política Social, onde permanecerán ata o vindeiro mércores. Unha vez transcorridas as dúas semanas de estadía nas instalacións da Xunta, os beneficiarios desta iniciativa do Goberno galego que teñan familiares en Galicia poderán permanecer con eles ata un máximo de trinta días máis. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre