Inicio Galicia Miranda recibe ao presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela

Miranda recibe ao presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela

0
image_gallery.jpg

O secretario xeral da Emigración analizou con Roberto González Pérez a situación dos galegos residentes neste país en especial en relación a actual pandemia da covid-19 e as súas necesidades sanitarias


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión con Roberto González Pérez, presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela, co obxectivo de analizar a situación actual dos galegos residentes e das entidades neste país en especial en relación á actual pandemia da Covid-19 e as súas necesidades sanitarias.

Ambos estudaron a complicada situación na que se atopa a colectividade galega nun país con graves carencias económicas as que se ven a unir o problema sanitario. Neste senso, González Pérez trasladoulle ao secretario xeral a evolución positiva da posta en marcha dun seguro sanitario xestionado directamente pola Federación de Centros Españoles en Venezuela. Este seguro, con condicións especiais como colectivo, está a ter moi boa aceptación entre a comunidade galega, xa que se trata dun mecanismo favorecedor para que a xente poida abaratar os costes sanitarios e de seguros, algo esencial, en especial, no caso das persoas máis maiores.

Rodríguez Miranda volveu a ofrecer a total colaboración da Xunta de Galicia e da Secretaría Xeral da Emigración aos galegos residentes en Venezuela, a través dos propios centros galegos existentes no país e que forman parte da FCEV. O secretario xeral agradeceu neste senso a labor do propio presidente da Federación, de orixe galego, e que foi o máximo responsable durante varios anos da Hermandad Gallega de Caracas, continuando a súa labor na mesma sendo vicetesorero da xunta directiva.

En Venezuela residen actualmente un total de 33.278 habitantes de origen gallego, según los datos del Padrón de Españoles Residentes en el Extranjero (PERE) publicados a fecha 1 de enero de 2020 por el Instituto Nacional de Estadística (INE).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre