Inicio Galicia Miranda recibe a segunda quenda de participantes nos ?Reencontros na Terra? 2018,...

Miranda recibe a segunda quenda de participantes nos ?Reencontros na Terra? 2018, que traerán a Galicia 135 maiores residentes en América

0

Tras a chegada onte de máis de 80 beneficiarios procedentes da Arxentina, Brasil e Cuba, ao longo do día de hoxe aterraron en Vigo preto de 60 desde O Uruguai, Rio de Janeiro e Venezuela

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, vén de recibir no aeroporto de Peinador a segunda quenda de participantes no programa “Reencontros na Terra”, desenvolvido coa colaboración da Consellería de Política Social. Trala chegada onte dos beneficiarios procedentes de Bos Aires, Sao Paulo, Salvador de Baía e La Habana, que superan os oitenta, ao longo do día de hoxe aterrarán nas instalacións aeroportuarias de Vigo os preto de 60 que o voarán procedentes de Montevideo, Rio de Janeiro e Caracas tras facer escala en Madrid. En total, son 135 os emigrantes nacidos en Galicia e os seus acompañantes os que gozarán do intenso programa de actividades deseñado pola Secretaría Xeral da Emigración.

Entre os pasaxeiros do voo procedente do Uruguai atópanse algúns galegos que non regresaran a Galicia, onde foron nados a mediados do século pasado, desde hai máis de seis décadas. Nalgúns casos, os emigrantes saíron con pouco máis dun ano de idade e noutros, con algúns máis. “É un orgullo poder ser testemuña directa do reencontro destes galegos coa súa terra de orixe, a que os viu nacer e partir, na maioría dos casos sendo apenas nenos, e que hoxe lles dá a benvida cos brazos abertos e o corazón un pouco encollido de emoción”, recoñeceu Miranda. Nados en Galicia e residentes en AméricaO obxectivo do programa “Reencontros na Terra” é permitir aos participantes redescobrir, non só as súas raíces, tanto de tipo cultural e social como familiar, senón ademais poñerse en contacto coa realidade do seu país de orixe mediante actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas familias, e o intercambio de experiencias co resto das e dos participantes. Aínda que todas as e todos os participantes deben ter 65 ou máis anos de idade, condición sine qua non para beneficiarse do programa, a idade media supera amplamente esta cifra.

Leer más:  Se desató un incendio forestal en Entrimo (Ourense)

O programa desenvólvese ao longo de ata 45 días, con dúas fases diferenciadas. A primeira delas consiste nunha estadía de dúas semanas, na residencia da Consellería de Política Social no Carballiño, en réxime de pensión completa, desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas aos participantes, e con excursións a distintos lugares para un mellor coñecemento da Galicia de. Entre os destinos das visitas planeadas inclúense Ourense, Allariz, O Carballiño, Ribadavia, Celanova e Santiago de Compostela, onde realizarán un percorrido pola zona monumental. A segunda fase consiste nunha estadía cos seus familiares de Galicia ata un máximo de 45 días. Trátase dun complemento á estadía “oficial” que supón para moitos dos beneficiarios e beneficiarias unha oportunidade única de atopar as súas raíces máis senlleiras e persoais, e redescubrir as ligazóns familiares deixadas atrás, pero non por iso esquecidas.

A celebración o pasado mes de xullo de “Reencontros na Casa”, que ofreceu a oportunidade a 80 maiores galegos de achegarse a Galicia para pasar ata mes e medio coas súas familias, eleva o número total de beneficiarios destes programas a 215 galegos maiores residentes no exterior só en 2018. 

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

- Te recomendamos -