Inicio Galicia Miranda pon fin á súa viaxe a Venezuela coa reunión de seguimento...

Miranda pon fin á súa viaxe a Venezuela coa reunión de seguimento do Padroado da Fundación España Salud (FES)

0

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo fin á súa viaxe a Venezuela coa asistencia á reunión celebrada polo Padroado da Fundación España Salud (FES). O responsable do departamento autonómico rematou así a terceira visita que realizou no que vai de ano ao país suramericano. Durante a xuntanza os representantes das Administración estatais e autonómicas das rexións con maior presenza no país suramericano que forman parte da FES, como a canaria, a asturiana ou a galega, fixeron balance da actividade levada a cabo pola entidade no último ano, na que salienta o novo programa de alimentos. Os resultados positivos que está a deixar a iniciativa posta en marcha nos últimos meses para ampliar os ámbitos de actuación nos que se centraba ata o de agora a institución, volcada nos eidos sanitario e asistencial, traduciuse na decisión de seguir a impulsar e mesmo ampliar no futuro o programa de alimentos. A Fundación presta apoio actualmente a preto de 1.500 familias galegas en Venezuela.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre