Inicio Galicia Miranda invita os galegos de Europa a ser protagonistas indiscutibles desta nova...

Miranda invita os galegos de Europa a ser protagonistas indiscutibles desta nova lexislatura autonómica

0
image_gallery.jpg

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro telemático cos membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que representan a España e o resto de Europa


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, amosou esta tarde o “apoio de todo o Goberno galego nestes momentos de especial dificultade para a sociedade española e internacional” a todos os galegos de Europa, incluídos os que residen noutras comunidades autónomas de España, así como para convidalos a “ser protagonistas indiscutibles desta nova etapa do departamento autonómico nesta lexislatura que vén de comezar.

O secretario xeral da Emigración concluíu a primeira rolda de contactos cos galegos do exterior da presente lexislatura cunha reunión telemática cos membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que representan a España e ao resto de Europa. Logo dun primeiro encontro virtual cos responsables das entidades de América, o titular do departamento autonómico centrou a súa axenda pública cunha videoconferencia para achegarse á realidade da colectividade galega de países como Suíza ou Portugal, entre outros.

Miranda, que vén de renovar o seu cargo logo dos últimos oito anos á fronte da Secretaría Xeral da Emigración, repasou a actualidade, tanto sanitaria como social, non só de países veciños, senón tamén a das comunidades autónomas elixidas para representar a España na Comisión Delegada. Castela e León, a Comunidade Valenciana, Andalucía e Cataluña estiveron, así, representados nesta nova xuntanza do órgano permanente da Galicia exterior.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre