Inicio Galicia Miranda invita en Alacante a toda a colectividade galega de España e...

Miranda invita en Alacante a toda a colectividade galega de España e o exterior a celebrar ?con orgullo e espírito de unidade? o Día de Galicia

0

O secretario xeral da Emigración presidiu o acto que congregou os galegos que residen nesta cidade alicantina

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu este mediodía a celebración do Día de Galicia que, como cada ano, organiza o centro Gallego de Alicante, unha das entidades galegas de referencia na costa levantina. Durante o acto o responsable do departamento autonómico invitou, non só á colectividade galega desta provincia valenciana senón a toda a galega que está espallada polo mundo, a “celebrar con orgullo e con espírito de unidade unha das datas máis importantes para os galegos, estean onde estean e se dediquen ao que se dediquen. O sentimento de galeguidade está, e debe estar, por riba doutros intereses individuais”.

A de Alacante é unha das primeiras datas nas que as entidades galegas situadas fóra da Galicia territorial conmemoran o día da comunidade autónoma, unha efemérides á que cada ano máis centros dedican unha parte das súas actividades culturais e sociais. No caso da alacantina, o abano de propostas que teñen lugar ao longo do ano segue a ampliarse logo de máis de catro décadas de historia, nas que os seus socios e respectivas directivas lograron dar vida á agrupación de gaitas Os Castros, encargada de amenizar a celebración de hoxe, e a de pandereteiras e cantareiras, entre outras. Ademais, o centro ofrece clases de percusión, de baile e de costura de traxe tradicional galego e organiza eventos como o Encontro de Gaitas, que este ano celebrará a súa segunda edición, e participa no desfile do día da ofrenda floral de San Xoán.

Un novo reto para unha entidade de 127 anosNa Comunidade Valenciana residen actualmente 18.485 galegos, dos que 6.829 proceden da Coruña, 2.609 de Lugo, 3.973 de Ourense e 5.074 de Pontevedra, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) a 1 de xaneiro de 2019. Pola outra banda, Galicia acubilla 4.180 valencianos , dos que 1.414 foro nados na provincia de Alacante, 477 na de Castellón e 2.289 na de Valencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre