Inicio Galicia Miranda invita aos mozos galegos residentes en Venezuela a ?aproveitar as oportunidades...

Miranda invita aos mozos galegos residentes en Venezuela a ?aproveitar as oportunidades de retorno que ofrece Galicia?

0

O secretario xeral da Emigración participa nun encontro coa mocidade galega no país suramericano no que fixo entrega das Compostelas aos participantes na 30º edición do Conecta con Galicia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, participou hoxe, na Hermandad Gallega de Caracas, nun encontro coa mocidade galega no país suramericano, no que invitou aos mozos residentes en Venezuela a “aproveitar as oportunidades de retorno que ofrece Galicia”.“Queremos que Galicia sexa para todos vós unha oportunidade de presente e de futuro”, resaltou o titular do departamento autonómico durante un encontro coa xuventude de Caracas durante o que recordou que, para acadar este obxectivo, a Xunta ten en marcha iniciativas históricas como o ‘Conecta con Galicia’, que este ano alcanzou a súa 30º edición, e a cuxos participantes residentes en Venezuela fixo entrega durante o acto da súa correspondente Compostela. Así mesmo, proseguiu o secretario xeral, o goberno galego conta con outras iniciativas máis recentes que ofrecen a posibilidade de “volver a Galicia e completar na nosa terra a formación académica, primeiro paso para construír un proxecto persoal e profesional”.

Así, destacou Miranda, este mesmo ano 150 mozos do exterior -28 procedentes de Venezuela- están a cursar un máster nunha das universidades galegas a través das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). Unhas bolsas que, como lembrou, ofrecerán ata o 2020 a posibilidade de volver a Galicia a 800 mozos da diáspora.“Traballamos co convencemento de que este é o século do retorno”, expuxo o secretario xeral, quen destacou tamén o programa de apoio ao retorno emprendedor; unha iniciativa que, segundo salientou, permitiu, neste 2019, a 15 emprendedores galegos residentes en Venezuela volver a Galicia para impulsar un novo negocio. “A inmensa maioría dos beneficiados neste programa son menores de 45 anos que retornan para construír na nosa terra o proxecto que aquí non lle deixan impulsar”, incidiu Miranda.“En definitiva, queremos que os nosos mozos do exterior teñan a oportunidade de vir a Galicia a vivir experiencias e a formarse; queremos que teñan a oportunidade de volver á terra dos seus pais e avós e desenvolver aquí as súas traxectorias persoais e profesionais”, afondou o secretario xeral, incidindo en que esta “sempre será unha terra coas portas abertas para os galegos do exterior”.

Conexión Vigo – Venezuela Así mesmo, e no transcurso do acto, o secretario xeral realizou unha conexión en directo coa tradicional cea do Nadal da Federación Venezolana de Galicia Vigo – FEVEGA, a que lles agradeceu o “importantísimo traballo” que realizan para atender aos miles de venezolanos que chegan a Galicia na “procura dun futuro mellor”. “Desde aquí, desde a vosa terra, quero trasladarvos o noso profundo agradecemento e todo o cariño dos vosos concidadáns”, salientou Miranda.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre