Inicio Galicia Miranda invita a todos os centros galegos de Madrid a amosar a...

Miranda invita a todos os centros galegos de Madrid a amosar a súa unidade a través do apoio ao Centro Gallego de Madrid na nova etapa que está a emprender

0

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con Elisardo Flores, representante da directiva que vén de tomar as rendas da entidade galego madrileña


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, celebrou unha xuntanza con Elisardo Flores, tesoureiro e membro da actual directiva do Centro Gallego de Madrid, na que lle trasladou o apoio do departamento autonómico nesta nova etapa que está a iniciar a entidade galego madrileña. O responsable de Emigración animou os responsables da institución a “seguir traballando para dar un pulo a un dos referentes da colectividade galega na capital” española, que vén de atravesar momentos difíciles dentro da súa longa traxectoria, cuxa orixe remóntase a 1892.

Miranda aproveitou o encontro para trasladar ao equipo que dirixe a entidade o absoluto compromiso da Administración galega para contribuír na medida das súas posibilidades á recuperación dun dos centros galegos máis emblemáticos de Madrid. O responsable de Emigración quixo, así mesmo, invitar a todas as entidades galegas con sede na capital a amosar unha vez a unidade que as caracteriza e que serve de exemplo a moitas outras cidades de España, a través do seu apoio ao Centro Gallego de Madrid.“Temos, entre todos, que tratar de concitar o apoio das diferentes entidades galegas de Madrid para que xuntos sexamos capaces de volver darlle un pulo importante a esta entidade, que sempre foi unha referencia na capital de España, e que ten que volver selo cun traballo conxunto co resto de entidades de Madrid”, sinalou o secretario xeral. “Porque os centros de Madrid traballan dunha maneira modélica en conxunto, agrupados nunha federación de centros galegos con sede na Casa de Galicia”, concluíu.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre