Inicio Galicia Miranda intensifica o contacto cos galegos de Venezuela residentes na Comunidade para...

Miranda intensifica o contacto cos galegos de Venezuela residentes na Comunidade para complementar a atención que presta no propio país suramericano

0

O secretario xeral da Emigración mantivo unha xuntanza co presidente da Asociación de Venezolanos en Santiago, Javier Salas


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, está a intensificar os contactos cos galegos de Venezuela residentes en Galicia. A estreita relación que o departamento do Goberno galego mantén cos retornados procedentes do país suramericano estase a reforzar nestas últimas semanas por mor dos acontecementos que está a vivir, e que suman a incerteza á complexa situación na que xa se atopaba.

O responsable de Emigración está, así, a manter encontros cos representantes das distintas agrupacións de venezolanos en Galicia. Javier Salas, o presidente da Asociación de Venezolanos de Santiago (Avesanti), protagonizou unha xuntanza con Miranda no marco deste esforzo, tanto orzamentario como de atención, que está a prestar a Secretaría Xeral da Emigración a esta colectividade, que cada ano medra en presenza na Galicia territorial.

Prestacións para máis de 3.000 familiasEsta atención complementa a que o Goberno galego presta e ás máis de 3.000 familias galegas de Venezuela que recibiron en 2018 algún tipo de prestación social da Secretaría Xeral da Emigración, e o que contribúe a que a cifra total destinada o pasado exercicio aos galegos de Venezuela superara os 2,5 millóns de euros, entre os residentes no país americano e os residentes en Galicia.

Segundo os últimos datos do padrón de españois residentes no estranxeiro do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2018, residen en Venezuela un total de 40.226 galegas e galegos, dos cales 25.309 (un 37,08%) naceron en Galicia e o resto, xa na diáspora. Trátase, trala canaria, da colectividade española máis relevante nun país que está a atravesar momentos de especial incerteza sobre o seu futuro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre