Inicio Galicia Miranda intensifica o contacto coa colectividade galega no Brasil para garantir a...

Miranda intensifica o contacto coa colectividade galega no Brasil para garantir a súa atención social

0

Logo de manter un encontro con responsables dos centros galegos de Santos, o secretario xeral da Emigración recibiu a Tina Leiro, docente moi comprometida coa cultura galega e membro do CRE de Baía


Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, está a intensificar o seu contacto cos representantes da colectividade galega no Brasil por mor da complexa situación que está a atravesar o país, e cuxas consecuencias tamén están a sufrir os galegos que residen no país. Logo de manter un recente encontro na sede do departamento autonómico na capital galega, o titular de Emigración recibiu a outra das figuras máis activas e representativa da comunidade de galegos en Salvador de Baía.

Tina Leiro, ademais dunha galega intensamente comprometida desde hai décadas coa cultura galega e de dirixir un grupo de baile na rexión brasileira, é membro do Consejo de Residentes Españoles (CRE) no Brasil. Con ela falou Miranda sobre as necesidades en materia de atención social e sanitaria que teñen os galegos que viven en Salvador, e trasladoulle a disposición da Secretaría Xeral da Emigración a seguir a colaborar para manter o traballo que se está a facer en prol tanto da cultura galega como de calquera outro ámbito en beneficio dos galegos de Salvador de Baía. 

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -