Inicio Galicia Miranda inicia a súa viaxe a México cunha invitación aos galegos do...

Miranda inicia a súa viaxe a México cunha invitación aos galegos do país a coñecer as propostas de emprego e emprendemento para os que queiran regresar a Galicia

0

O secretario xeral da Emigración reuniu no Centro Gallego da capital mexicana decenas de mozos para informarlles dos principais programas da Estratexia Retorna 2020

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dedicou o inicio da súa viaxe a México a divulgar nun dos proxectos que o Goberno galego considera prioritario para esta lexislatura. A difusión dos programas incluídos na Estratexia Retorna 2020, que persigue facilitar aos galegos residentes no exterior o seu dereito a regresar a Galicia, combatindo así o reto demográfico que afronta a comunidade, é un dos eixos sobre os que xira a axenda do responsable do departamento autonómico.

Os máis de 11.000 galegos menores de 65 anos que residen no país norteamericano, dos máis de 14.000 que hai en total, e os fortes vínculos sociais e culturais que manteñen coa súa terra de orixe fan de México unha das pezas chave do retorno no eido de investimento e emprendemento. A dous dos programas estrela da Secretaría Xeral da Emigración, as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que subvencionan os estudos de mestrado nunha universidade galega aos cen mellores expedientes académicos do exterior; e as Axudas ao Retornado Emprendedor, que concede ata 10.000 euros aos retornados que queran emprender en Galicia, súmanse outras do eido do emprego e o emprendemento deseñadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Alternativas variadas e realistas “Acadar o éxito da Estratexia Retorna 2020 pasa por ofrecer alternativas variadas e realistas para que todos os galegos que queiran regresar a Galicia atopen na súa terra de orixe oportunidades dabondo para instalarse profesional ou empresarialmente”, sinalou Rodríguez Miranda. Entre outras, o responsable autonómico salientou os programas da Consellería de Encomía, Emprego e Industria de fomento e consolidacio?n do emprego nas pemes de nova creacio?n (que busca xerar emprego estable para persoas desempregadas, dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais en Galicia, con especial atencio?n ao rural galego e cun incremento nas axudas dun 25% para os emigrantes retornados), o programa Resolve (que permite o acceso a pre?stamos bancarios avalados de entre 3.000 e 150.000 euros), e a creación dunha lin?a de apoio propia para os emigrantes retornados semellantes ás sectoriais ou con clu?sters. Ademais, a aqueles galegos que ten?en unha pequena empresa no seu pai?s de acollida facilitara?nselle os medios para o seu traslado a Galicia, incentivando o seu establecemento no rural; e gozarán de asesoramento e axuda para conseguir a marca Galicia Calidade. O Programa Galicia Rural Emprende (con achegas de ata 70.000 euros que poden incrementarse noutros 20.000 adicionais), o programa Emega (de apoio ás iniciativas empresariais constitui?das por mulleres), e o programa de Apoio a?s Iniciativas de Emprego de Base Tecnolo?xica (IEBT) son outras das medidas desta consellería incluídas na Estratexia Retona 2020.

Leer más:  El Gobierno asegura que el tren de bajo coste de Renfe llegará a Galicia este año

Charlas na Arxentina e UruguaiO secretario xeral da Emigración continuará a súa axenda oficial na súa primeira viaxe do ano tanto a México como á Arxentina e Uruguai con sendas xornadas informativas en Bos Aires e Montevideo sobre a Estratexia Retorna 2020, tralas que tratará de dar resposta ás dúbidas sobre o documento que vén de aprobar o Goberno galego. 


- Te recomendamos -