Inicio Galicia Miranda destaca que no último ano voltaron a Ourense preto de 1.400...

Miranda destaca que no último ano voltaron a Ourense preto de 1.400 galegos do exterior no que foi "a mellor cifra de retorno de toda a década"

0

Valora a importancia dunha infraestrutura que dispón de persoal especializado na procura de “acompañar persoalmente a todos os galegos que o desexen na súa volta a casa”


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitaron hoxe a nova sede da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que vén de abrir as súas portas na cidade. Un marco no que Miranda subliñou a importancia que está a adquirir o retorno na provincia, que rexistrou no 2018 –último dato completo- “a mellor cifra de toda a década”, con preto de 1.400 retornadosO titular do departamento autonómico situou a apertura desta sede no contexto da aposta decidida polo retorno que está a promover a Xunta. Así, e como lembrou, a oficina é parte da Estratexia Retorna 2020 impulsada pola Secretaría Xeral que, cun orzamento global de máis de 235 millóns dos que que 15 abarcan só medidas específicas, ten entre os seus obxectivos conseguir o “regreso a casa máis de 20.000 galegos do exterior” no período 2018-2020, contribuíndo deste modo a rexuvenecer a poboación e acompañando á persoa retornada durante todo o proceso de retorno.“É precisamente nese proceso de retorno, e nas dificultades que leva aparellado, onde queremos poñer agora especial atención cunha oficina que, por primeira vez na historia, sae fora de Santiago”, expuxo Rodríguez Miranda. Deste xeito, proseguiu, “acompañaremos persoalmente aos galegos do exterior que desexan volver á súa terra”, que, como detallou, no caso concreto de Ourense son “cada vez máis”.“Nos últimos dez anos volveron á provincia case 8.000 galegos”, afondou Miranda, quen lembrou tamén que a semana pasada Santiago acolleu “o XII Consello de Comunidades Galegas, un plenario que, tamén por primeira vez na historia, contou cun relatorio dedicado exclusivamente ao retorno”.“Xunto á ampliación da oficina en Santiago, que conta con novas e mellores instalacións no Edificio do Xacobeo, acabamos de por en marcha esta sede aquí, en Ourense, e no resto das provincias galegas”, incidiu o secretario xeral, quen avogou por “seguir traballando xuntos” para “facer do século XXI o século do retorno”.“Ata o de agora as cifras avalan a aposta do goberno galego e nos indican que imos polo bo camiño”, proseguiu Miranda, quen detallou que o 2018 foi o quinto ano consecutivo de crecemento do retorno, con máis de 7.000 galegos que volveron á súa terra, o que sitúa o total da lexislatura por riba dos 18.200 retornados.

Neste contexto, o titular do departamento autonómico puxo en valor a importancia dunha oficina que permitirá “acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. “Atopámonos con casos diarios de xente que quere volver a Galicia se atopa moitísimas dificultades, especialmente na tramitación de permisos de residencia para familiares dos galegos do exterior, ou na homologación dos títulos universitarios”, expuxo Miranda, quen demandou ao goberno central unha maior implicación nestas materias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre