Inicio Galicia Miranda destaca o centenario da Casa de Galicia en Cantabria como exemplo...

Miranda destaca o centenario da Casa de Galicia en Cantabria como exemplo do 'tesón, a constancia e a case infinita capacidade de traballo dos galegos'

0

O secretario xeral da Emigración foi o encargado de dar o pregón que abriron as Festas de Santiago, dando inicio a celebración dos cen anos de vida da entidade

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no inicio das Festas de Santiago 2019, que acolle o Centro Galego de Santander como punto de partida do Centenario da Casa de Galicia en Cantabria. Neste marco, durante o seu pregón, o responsable do departamento autonómico puxo estes cen anos como exemplo do “tesón, a constancia e a case infinita capacidade de traballo dos galegos”.“Se algo nos identifica aos galegos é a nosa capacidade de superación, de afrontar retos con máis ou menos aplomo, pero sempre co convencemento de que o deber está por riba dos medos”, proseguiu o secretario xeral, quen subliñou que “Galicia ten ante si dous retos: o demográfico e o Xacobeo 2021”.

Para afrontar o primeiro, o titular de Emigración do Goberno galego salientou que a comunidade autónoma conta “cun arma secreta”, en referencia aos “centos de miles de galegos que estamos espallados por todo o mundo, estendendo as nosas fronteiras e facendo patria alá onde imos”.

En canto ao Xacobeo 2021, o secretario xeral da Emigración convidou ao Centro Galego de Santander a aproveitar o seu centenario para facer de “divulgador e embaixador”. “O Xacobeo é xa imparable, como o é Galicia e como o foron, desde sempre, os galegos. Por isto, con motivo desta importante celebración, o voso centenario, vos convido a erixiros nos seus maiores divulgadores e, sobre todo, en testemuñas: facer o Camiño, polo menos unha etapa, debería ser case unha materia troncal da nosa Comunidade”, afondou.

Difusión da literatura e a música tradicional galegaAsí mesmo, Rodríguez Miranda, quen recibiu a insignia de ouro da entidade de mans do seu presidente, José Antonio Otero Hermida, resaltou o labor dun centro con máis de 200 socios e unha intensa “actividade cultural”, entre a que sobresae o concurso literario Julio Camba, a Semana Cultural das Letras Galegas ou os cursos de gaita, contando o centro co seu propio grupo de gaitas, Airiños da Terra.

Ademais, os actos de conmemoración do centenario inclúen a inauguración da exposición “Memoria Colectiva”, unha mostra fundamentalmente fotográfica que amosa imaxes do paso polas súas instalacións de intelectuais galegos como Otero Pedrayo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre