Inicio Galicia Miranda destaca a "labor integradora e de coordinación" da Asociación de...

Miranda destaca a "labor integradora e de coordinación" da Asociación de Empresarios Galegos da Arxentina

0

Salienta que a entidade ten logrado conservar esa “unión cultural, social e económica que desde finais do século XIX existe entre Galicia e o país austral”


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo un encontro con Daniel Lorenzo, vicepresidente, e Gerardo González, o recén nomeado presidente da Asociación de Empresarios Galegos de Arxentina – AEGA.

Nesta reunión Miranda trasladoulle aos representantes a súa admiración pola “labor integradora e de coordinación” desta asociación en favor da comunidade galega na Arxentina. “AEGA logra conservar esa unión cultural, social e económica que dende finais do século XIX existe entre Galicia e o país austral”, incidiu Miranda, quen puxo en valor o esforzo que está a realizar a asociación por relanzar a súa actividade na nova etapa que ten iniciando.

Unha unión que, como salientou o representante do goberno autonómico, reflíctese na consecución das metas empresariais por parte dos seus asociados “sen perder nunca as súas raíces”.“É admirable a vosa dedicación constante a engrandecer a boa imaxe da comunidade galega na Arxentina”, subliñou o secretario xeral. No en van, AEGA, a través de todos os seus membros, ten como obxectivo o mantemento da cultura galega a todo aquel que desexe coñecela mediante a creación de novas iniciativas empresariais e protección os empresarios galegos que forman parte dela.

O primeiro país en acollida de emigrantes galegosArxentina é o primeiro país que acolle o maior número de galegos no exterior, con 178.539 persoas. Do total de galegos residentes no país patagónico, 61.229 pertencen á provincia da Coruña, 51.571 á de Pontevedra, 34.192 á de Lugo e 31.547 á de Ourense.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre