Inicio Galicia Miranda desprázase ata o interior da Arxentina para visitar aos galegos de...

Miranda desprázase ata o interior da Arxentina para visitar aos galegos de Rosario e de Santa Fe

0

O secretario xeral da Emigración salientou a importancia que a intensa actividade que realizan as entidades que están afastada das grandes urbes ten na difusión da cultura galega fóra da comunidade

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desprazouse ao interior da Arxentina para visitar dous dos centros máis activos a nivel cultural fóra do ámbito xeográfico da capital, Bos Aires. A importancia que a intensa completa actividade destas entidades teñen para a difusión da cultura e a tradición galegas levou ao titular do departamento do Goberno galego a viaxar ata dúas das localidades con maior tradición musical, entre outras, da rexión central do país arxentino.

O responsable autonómico viaxou ata o Centro Gallego de Rosario, a cuxos representantes fixo entrega de instrumentos musicais que lles permitan continuar coa actividade que levan a cabo a través das diferentes agrupacións que acubillan. A gaita, os pandeiros e as pandeiretas coas que se dotou á entidade garantirán a continuidade do grupo de canto e percusión Alumea, o de gaita tradicional galega Leira do Son, que está a celebrar dúas décadas de vida, e os de baile tradicional galego, así como a do coro.

Leer más:  La Xunta destinará más de 7,5 millones de euros en O Porriño para la eliminación del lindano, considerado "altamente contaminante"

Miranda agradeceu tanto ao presidente do Centro Gallego de Rosario, Guillermo Picallo Durán, como ao resto da directiva, o importante labor de promoción e conservación da cultura galega que están a levar a cabo a través destas formacións musicais y doutras actividades de variada temática. Na actualidade, a principal entidade galega desta cidade arxentina conta con 290 socios, dos que 167 son galegos. Do total 150 son homes, e 140, mulleres. Xuntanza cos galegos da capital do estadoPreviamente, o secretario xeral da Emigración, acompañado polo delegado do Goberno na Arxentina, Alejandro López Dobarro, viaxaron ata a capital do estado de Santa Fe para manter unha xuntanza cos socios e os representante da entidade que dirixe Manuel López. Miranda quixo achegarse deste xeito aos galegos residentes no país andino que se atopan fóra do ámbito xeográfico urbano do gran Bos Aires.

O obxectivo do centro Gallego de Santa Fe, que cumpre 63 anos de vida, é servir de vínculo especialmente entre galegos e arxentinos, como demostra a súa amplitude de tecido asociativo da entidade, constituído por 210 persoas, das que 160 son galegos e o resto, do país andino. A entidade comezará, ademais, en outubro a organización dos actos do seu centenario, que terá lugar o ano vindeiro.

Leer más:  Queremos Galego convoca una manifestación para el 17 de mayo en protesta por los "retrocesos" en el 20 aniversario del Plan de Normalización

Tamén inmersos nunha intensa actividade organizativa están os representantes do novo centro galego de Rafaela, cidade situada a poucos kilómetros da capital do Estado. Con eles celebrou o responsable autonómico unha xuntanza aproveitando a súa estancia en Santa Fe para animalos na súa empresa e ofrecerlles o asesoramento necesario para levala a cabo.


- Te recomendamos -