Inicio Galicia Miranda dá a benvida en Madrid aos 72 participantes nos ?Reencontros na...

Miranda dá a benvida en Madrid aos 72 participantes nos ?Reencontros na terra? 2018 procedentes da Arxentina

0


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a escala que o fixo en Madrid na súa viaxe de volta desde Venezuela para dar a benvida persoalmente aos máis de 70 participantes do programa “Reencontros na Terra” 2018 procedentes da Arxentina. Os beneficiarios galegos residentes no país andino que se están a beneficiar desta nova convocatoria chegaron a primeira hora da mañá ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid, onde recibiron o saúdo do responsable autonómico.Á súa chegada ao aeroporto de Peinador, os primeiros participantes do programa “Reencontros na Terra” 2018 en chegar en Galicia foron recibidos por representantes da Secretaría Xeral da Emigración antes de ser trasladados á Residencia do Carballiño de Maiores con Autonomía, onde residirán e realizarán diversas actividades durante os vindeiros quince días. Nas próximas horas aterrarán en Vigo os beneficiarios procedentes de Sao Paulo, Salvador de Baía e La Habana, e mañá farano os do Uruguai, entre outros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre