Inicio Galicia Miranda asiste na Habana ao concerto ?Son galego, son cubano? de Roi...

Miranda asiste na Habana ao concerto ?Son galego, son cubano? de Roi Casal

0

Con este proxecto, o compositor galego trae de volta a illa un repertorio que estreou no 2016 con motivo do Consello de Comunidades Galegas celebrado ese ano na Habana


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acudiu o concerto do compositor galego Roi Casal no Teatro Nacional Alicia Alonso, palacio do antigo Centro Galega da Habana. Casal, que fora membro do grupo Milladoiro, amosou este ambicioso proxecto internacional -‘Son galego, son cubano’-, de volta na illa tralo seu estreo no 2016 con motivo do Consello de Comunidades Galegas celebrado ese ano na Habana.

Baixo a dirección do compositor participaron no proxecto figuras da nosa cultura galega e cubana como Pablo Milanés, Xosé Neira Vilas, Lartitza Bacallao ou Miguel Núñez, completando así o elenco de 16 músicos de ambas nacionalidades que sigue xirando nos principais escenarios internacionais.

Referencia en Galicia e máis aló Roi Casal é considerado un dos artistas máis importantes de Galicia. Non en van, e como sinalou o propio Miranda, “o seu estilo moderno e actual converte a súa obra nunha promoción da diversidade cultural”, tanto dentro como fora de España.

A música de Casal ten servido de banda sonora para producións cinematográficas e de televisión de distintos países. Tamén as súas xiras levárono por países como Xapón, Arxentina, EEUU, Suíza, Uruguai, Portugal ou Alemaña entre outros, sendo a maioría deles focos da emigración galega.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre