Inicio Galicia Miranda asiste en Alemaña ao entroido da Asociación Cultural Galega de Hamburgo

Miranda asiste en Alemaña ao entroido da Asociación Cultural Galega de Hamburgo

0

O secretario xeral da Emigración resalta a importancia de reforzar os vínculos coa colectividade galega no pais e agradece o compromiso da entidade coa difusión e transmisión da cultura galega

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, viaxou este fin de semana ata Alemaña para asistir á tradicional celebración do Entroido organizada pola Asociación Cultural Galega de Hamburgo. Un marco no que o titular do departamento autonómico resaltou a importancia de reforzar os vínculos coa colectividade galega no pais, agradecendo o compromiso da entidade coa difusión e transmisión da cultura galega.

Non en van, e como lembrou Miranda, con preto de 160 asociados, esta asociación espalla a cultura galega mediante actividades socioculturais e a celebración de festividades rexionais, como o propio Entroido -que este ano contou coa participación do grupo de música tradicional galego A Roda-, ou o Dia das Letras Galegas.

O secretario xeral animou á entidade a seguir “espallando a nosa cultura e a nosa lingua como pulo á Galicia exterior”, ao tempo que recalcou que “é imposible que un galego, sen importar o seu lugar de procedencia, xénero, idade e profesión, non se encha de orgullo ao ver que, aínda a milleiros de quilómetros da súa terra, os mozos e as mozas de Galicia seguen dando vida aos sons e aos bailes máis emblemáticos do noso fogar, o voso, o de Breogán”. O terceiro país de Europa con máis galegosNa Alemaña residen 17.227 galegos, segundo os últimos datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estadística, con data 1 de xaneiro de 2018, o que o convirte no terceiro país do continente con maior presenza de galegos, só superado por Suíza e Francia. Do total de galegos no país xermano, menos da metade, 8.183, naceron en Galicia, e o máis do 52 % restante foi nado xa en Alemaña. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre