Inicio Galicia Miranda asina dous convenios que garanten a atención dos maiores galegos sen...

Miranda asina dous convenios que garanten a atención dos maiores galegos sen recursos de Bos Aires e Mar de Plata

0

O secretario xeral da Emigración renovou o compromiso do Goberno galego co Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar e o centro de día do Centro Gallego de Mar de Plata

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, renovou en Bos Aires o seu compromiso cos maiores galegos da Arxentina. O responsable autonómico asinou na Delegación da Xunta en Bos Aires dous convenios que permitirán garantir a atención aos usuarios galegos do Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar e do centro de día do Centro Gallego de Mar de Plata. Reforza, así, a Xunta de Galicia a actuación que vén levando a cabo cos colectivos galegos máis desfavorecidos do exterior a través de colaboracións con entidades galegas nos diferentes países.“A implicación das propia colectividade galega nestes programas de axuda é fundamental para detectar os casos máis urxentes e poder, así, ofrecerlles a cobertura asistencial que requiren”, lembrou Miranda. O secretario xeral da Emigración fixo este chamamento ante o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, o presidente do Hogar Gallego para Ancianos, Bernardo Rey González, e a do Centro Gallego de Mar de Plata, María Fernanda Vidal, quen agradeceron ao Goberno galego o seu esforzo polo mantemento da prestación deste servizo aos maiores galegos na Arxentina.

Dúas achegas que suman 50.000 eurosO convenio rubricado co Hogar Gallego de Ancianos de Domselaar, fundado en 1943 por un grupo de galegos logo de que unha anciá ourensá falecera a causa do frío nunha rúa porteña, renovará a contribución da Secretaría Xeral da Emigración coas instalacións situadas a uns 70 kilómetros da capital arxentina. O documento fixa a concesión de 30.000 euros para a prestación de servizos para os galegos maiores sen recursos da rexión.

O segundo acordo, do que se beneficiarán os usuarios do centro de día do Centro Gallego de Mar de Plata, fundado en 1952, dotará a esta entidade dunha aportación de 20.000 euros por parte do departamento autonómico que dirixe Rodríguez Miranda.

Charla informativa sobre a Estratexia Retorna 2020O secretario xeral da Emigración continuará a súa axenda oficial esta tarde cun encontro co secretario de Derechos Humanos y Pluralismo do Goberno arxentino, Claudio Avruj, e coa presentación da Estratexia Retorna 2020 aos galegos da Arxentina no Club Español de Bos Aires, na que tamén participarán o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Trala sesión informativa, os representantes autonómicos visitarán a Asociación Civil Gallega Fillos do Porto do Son, en Avellaneda.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre