Inicio Galicia Miranda asina convenios con tres entidades de carácter social no Brasil, o...

Miranda asina convenios con tres entidades de carácter social no Brasil, o segundo país do mundo con maior presenza galega

0

O centro de día da Casa de España e tanto a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficiente Rosalía de Castro de São Paulo como a de Santos recibiron a visita do secretario xeral da Emigración


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dedicará unha gran parte da súa primeira viaxe do ano ao Brasil á sinatura de varios convenios con entidades galegas de carácter social que exercen a súa actividade nalgunhas das principais cidades do país. Rio de Janeiro, Sao Paulo e Santos serán os tres puntos xeográficos nos que recalará o responsable do departamento autonómico para formalizar os acordos con centros de días e de atención social de orixe galega destinados a maiores sen recursos.

A primeira parada que realizou Miranda foi na Casa de España de Rio, que está a desenvolver unha importante labor socio asistencial orientada a facer efectiva a mellora da calidade de vida dos anciáns pertencentes á colectividade galega a través do mantemento dun centro social de maiores, mediante o que executa actividades de rehabilitación e estimulación mental e física, atendido por persoal especializado, do que veñen beneficiándose anualmente máis de 250 persoas de orixe galega de idade comprendida entre os 65 e os 96 anos. O acordo tamén permitirá garantir o funcionamento dun punto de información nesta cidade para divulgar, informar e asesorar á comunidade galega que alí reside dos programas e das actividades que executa, co obxecto de que poidan participar nas súas convocatorias, e que ademais contribúa na tramitación das solicitudes dos interesados. A este fin a Secretaría Xeral da Emigración destinará 30.000 euros. O responsable do departamento autonómico quixo, ademais, manter un encontro cos usuarios destas instalacións, así como coa directiva encargada da súa xestión.

Horas despois o secretario xeral da Emigración desprazábase a Sao Paulo, a cidade máis poboada do Brasil, para formalizar unha segunda sinatura de carácter social. A Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficiente Rosalía de Castro recibe hoxe a visita do representante autonómico quen, ademais de renovar o convenio que mantén coa entidade desde hai anos, charlará cos usuarios do seu centro de día, principais beneficiarios do acordo. Trátase dunha entidade sen fins de lucro que posúe un Centro de Asistencia Social, unha obra de beneficencia, inaugurado o 22 de febreiro de 1983 co obxectivo de promover o apoio socio asistencial do adulto maior a través da súa atención integral con carácter de servizos preventivo, de saúde e asistencial.

Os nosos maiores, unha prioridade para GaliciaMañá será a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficiente Rosalía de Castro de Santos a entidade na que Miranda oficializará a continuidade da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración. A sociedade na actualidade está a desenvolver unha importante política socio asistencial orientada a mellorar a asistencia social desinteresada e ampliar a asistencia médica en xeral das persoas da terceira idade necesitadas pertencentes á colectividade galega. Nas súas instalación xestiona ambulatorio médico, servizos de odontoloxía, oftalmoloxía, psicoloxía, e dispón dunha traballadora social, entre outros, ademais proporciona ao colectivo de emigrantes galegos actividades sociais, de esparexemento, cultural e recreativo e asistencia mutual e de saúde.“Os nosos maiores ocupan, ocuparon e ocuparán sempre un lugar destacado nas prioridades do Goberno de Galicia. Tanto os que residen na Galicia territorial como os que o fan en calquera outro país do mundo merecen unha atención e uns coidados que non sempre se poden permitir contando só cos seus propios medios. É aí onde a Administración galega debe estar presente, dun xeito discreto pero activo, e é así onde queremos estar nós e o lugar que eliximos cada día, sexa dun xeito visible ou non”, sinalou Miranda.

Santos clausura a axenda institucionalA viaxe oficial do secretario xeral da Emigración chegará mañá ao seu fin coa visita institucional a Santos e coa celebración de dúas presentacións das diferentes medidas recollidas na Estratexia Retorna 2020 para facilitar o retorno á comunidade autónoma dos galegos residentes no exterior.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre