Inicio Galicia Miranda apoia a gran labor de "compromiso e protección da colectividade galega"...

Miranda apoia a gran labor de "compromiso e protección da colectividade galega" da Casa Galicia de Bonn

0

O secretario xeral da Emigración participa na tradicional foliada anual desta entidade, que reúne a “mozos galegos chegados de todo Alemaña para compartir a nosa cultura e tradicións”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou este fin de semana o Club de Galicia de Bonn, onde participou na tradicional foliada anual que organizan na súa sede. Unha celebración que reúne a “mozos galegos chegados de todo Alemaña para compartir a nosa cultura e tradicións” e que, como recordou o representante do goberno autonómico, representa o esforzo do centro “por coidar e espallar a tradición e cultura galega nunha Alemaña comprometida cos nosos galegos”.

Neste sentido, Miranda resaltou a promoción de actividades culturais, deportivas e recreativas por parte, ao tempo que agradeceu o traballo que realizan esta e outras entidades na divulgación e promoción de temas de interese para a comunidade galega en Alemaña, tanto para o desenvolvemento da súa vida diaria como en materia de retorno.“Facilitar a vida cotiá da nosa colectividade, fomentar a súa unión e axudar ao seu crecemento segue a ser unha das máximas que compartimos con todas as casas de Galicia no mundo”, subliñou Miranda, quen resalto o gran labor de “compromiso e protección da colectividade galega” que o Club está a realizar .

Case 40 anos de actividades socioculturaisCon 164 socios e 96 deles, galegos, esta comunidade traballa moi activamente levando acabo múltiples actividades que abraguen dende a música e o baile como é o caso do Grupo Neboeira dende 2003 ou a creación do equipo de fútbol, na mesma data de fundación do centro, o Club Galicia de Bonn. Cumprirá o seu 40 aniversario o ano que ven, símbolo do bo facer deste centro e da súa entrega a preservación e espallamento da cultura galega fóra dos nosos lindes.

Magosto no Centro Cultural Español de FrankfurtAsí mesmo, o secretario xeral da Emigración aproveitou a súa estadía en Alemaña para manter un encontro cos representantes do Centro Cultural Español de Frankfurt, na procura de coñecer de primeira man as actividades que realizan e o estado da colectividade galega nesta cidade alemá. Non en van, e como sinalou, “hoxe mesmo festexamos o tradicional magosto galego neste centro, o que da idea da integración no mesmo da nosa colectividade, e facendo del un lugar dinamizador da nosa terra no corazón mesmo de Alemaña”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre