Inicio Galicia Miranda aplaude o labor do Centro Español y de Repatriación de Santos...

Miranda aplaude o labor do Centro Español y de Repatriación de Santos e anímaos no seu 125 aniversario a ser ?os mellores embaixadores do próximo Xacobeo?

0

O secretario xeral da Emigración mantén un encontro con representantes desta entidade animándoos a continuar o seu importante traballo a prol da difusión da cultura galega


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de manter un encontro con representantes da directiva do Centro Español y de Repatriación de Santos –o ex presidente, Ricardo Álvarez, e Ana María Torres-. No mesmo, o titular do departamento autonómico recoñeceu e aplaudiu o “bo facer” desta entidade, animándoa a seguir na mesma liña, especialmente este ano que celebran o seu 125 aniversario.“É esta unha celebración moi especial, que fala, por si mesma, de lonxevidade e traballo ben feito. Por este motivo invítovos a aproveitar unha data tan sinalada para convertervos nos mellores embaixadores do próximo Xacobeo 2021”, salientou Rodríguez Miranda.

Neste marco, o secretario xeral interesouse polo importante traballo a prol da difusión da cultura galega que realiza un centro que suma case un milleiro de socios dos que o 60% son galegos. Así mesmo, puxo en valor as sinerxías creadas e consolidadas desta entidade coa Sociedad de Socorros Mutuos y Beneficiente Rosalía de Castro que, na mesma rexión do Brasil, ofrece aos galegos da diáspora a atención das súas necesidades sanitarias e sociais.

Preto de 50.000 galegosNeste sentido, Rodríguez Miranda interesouse pola situación dos cidadáns galegos que viven no país suramericano, que están a sufrir as consecuencias da complexa situación que atravesa o país e a cobertura das súas necesidades.

Segundo os últimos datos oficiais recollidos polo Instituto Nacional de Estadística (INE), a data 1 de xaneiro de 2019 vivían no Brasil 48.691 galegos, o que o convirte no segundo país con maior presenza galega unicamente por detrás da Arxentina, que acubilla máis de 178.000. Do total galegos que residen neste país, só o 25% naceu en Galicia, e o 75 % restante naceu xa no seu lugar de destino.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre