Inicio Galicia Miranda anima á Casa de Galicia de Córdoba a aproveitar a riqueza...

Miranda anima á Casa de Galicia de Córdoba a aproveitar a riqueza da cultura galega para "achegala a todos os recunchos"

0

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con representantes da entidade facendo un repaso das actividades levadas a cabo durante o 2019 e preparando as previstas para 2020


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de manter un encontro con Maribel García Cano, vocal de relacións institucionais da Casa de Galicia en Córdoba, á que animou a seguir aproveitando a riqueza da cultura galega como vehículo para “achegala a todos os recunchos” da súa comunidade.

Neste marco, o responsable autonómico salientou as actividades que está a desenvolver a entidade, intensificando o seu labor de difusión da cultura galega a través de diferentes iniciativas que promoven o irmandamento entre Galicia e Andalucía, e que no último ano ten permitido mesmo impulsar actividades conxuntas entre localidades tan lonxanas como Moraña e Cardeña.

Así mesmo, o encontro permitiu tamén avanzar propostas de actividades para este 2020, ademais de facer balance das desenvolvidas nos últimos exercicios, entre as que destacan o clube de lectura propio, que permite achegar autores galegos de recoñecido prestixio; o seu certame anual de poesía que, baixo o título de Rosalía de Castro, premia as mellores composicións poéticas; ou aquelas desenvolvidas no ámbito gastronómico, “un dos motores que ten Galicia para espallarse por todo o planeta, grazas tanto á súa materia prima de recoñecida calidade como ás coidadas elaboracións que están a encher de nomes propios galegos os recoñecementos máis internacionais”.

O secretario xeral da Emigración agradeceu a toda a directiva e aos socios da Casa de Galicia en Córdoba a súa implicación no bo funcionamento da entidade e mesmo na súa apertura a todos os veciños da cidade andaluza, aos turistas e aos propios galegos residentes nesa comunidade autónoma.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre