Inicio Galicia Miranda amosa o seu apoio ao labor cultural e de conservación das...

Miranda amosa o seu apoio ao labor cultural e de conservación das tradicións que desde hai 40 anos leva a cabo o Centro Galego Val do Rhin

0

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro co secretario da entidade galega de Suíza, Francisco Calvo, no aniversario das súas catro décadas de vida


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, amosou o seu apoio ao labor cultural e social que está a levar a cabo o Centro Galego Val do Rhin na localidade suíza de Heerbrugg desde hai 40 anos. O responsable do departamento autonómico transmitiu o compromiso da Xunta de Galicia con todos os galegos que residen nesta rexión do país helvético durante a reunión que mantivo na capital galega co seu secretario, Francisco Calvo, con quen estudou posibles colaboracións para a difusión da tradición e a cultura galega en Suíza.

Fundada en 1979 cos obxectivos de fomentar o acercamento de tódolos galegos, defender a lingua galega, desenvolver actividades encamiñadas á difusión da cultura galega e recreativas, intentar inculcar ás novas xeracións que non deben esquecerse de que son galegos, e prestar axuda a tódolos españois, sexan ou non socios, celebra este ano o seu 40 aniversario. O Centro foi inaugurado en abril do ano 1979 por 36 persoas de orixe galega, que sentían a necesidade de ter un lugar de reunión, onde poder falar e entenderse na súa lingua, “así como para coñecernos máis entre nós mesmos, para que os nosos fillos poidan coñecerse entre eles, para que todos xuntos poidamos facer máis forte o galego na Suíza”, segundo as súas propias palabras.

O terceiro país do exterior con máis galegosSuíza é o terceiro país do exterior con maior poboación galega. Nela residen, segundo as últimas cifras publicadas polo INE, a 1 de xaneiro de 2019, un total de 41.104 galegos, dos que 36.851 teñen menos de 65 anos. Do total, algo menos da metade, o 47,73%, é dicir, 19.618, foron nados en Galicia, e o resto, descendentes daqueles, xa no seu país de destino.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre