Inicio Galicia Miranda agradece ao Centro Gallego de Ermua o seu labor en prol...

Miranda agradece ao Centro Gallego de Ermua o seu labor en prol dos galegos do País Vasco no seu cincuenta aniversario

0

O secretario xeral da Emigración estendeu a gratitude do Goberno galego á sociedade que acolleu os milleiros de galegos que residen alí, facendo da súa dobre procedencia “un motivo de orgullo e diversidade”

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu ao Centro Gallego de Ermua o labor en prol da comunidade galega asentada no País Vasco e pola difusión da cultura da súa terra orixe por todo o País Vasco. O responsable autonómico presidiu o acto de celebración do medio século vida que atesoura a entidade, constituída o 3 de xuño de 1968 por un grupo formado por 25 persoas co obxectivo de “crear unha prolongación de Galicia en Euskadi, irmandando aos galegos e non galegos residentes na comunidade autónoma vasca”, e que hoxe aglutina máis de 150 socios.

No acto de conmemoración dos cincuenta anos de historia do centro, ao que tamén asistiron o alcalde do municipio de Ermua, Juan Carlos Abascal; a presidenta das Juntas Generales de Vizcaya, Ana Otadui Biteri; e o conselleiro de Economía do Goberno Vasco, Pedro Azpiazu, Miranda quixo facer extensivo o seu agradecemento a “toda a sociedade vasca, que deu acubillo aos nosos familiares, amigos e veciños, integrándoos no seu seo e facendo da súa dobre procedencia, a galega e a vasca, un motivo de orgullo e de diversidade”. Esta mensaxe de agradecemento era a que quedaba resumida na placa que o secretario xeral da Emigración entregou ao presidente da entidade galega de Ermua, Juan Cid Rey. O acto contou coa participación do Coro Pispilu, que interpretou o himno galego, así como doutras agrupacións como o grupo de gaitas os Galaicos, o grupo de danza da Casa de Galicia de Eibar, ou as actrices Nerea Ariznabarreta e Maite Lorenzo, quen fixeron unha lectura de poemas de Rosalía de Castro e de pasaxes do libro Memorias dun Neno Labrego, de Xosé Neira Vilas, en galego e euskera.

A metade dos galegos da comunidade autónomaO evento concluíu co nomeamento de Carlos Totorika Izaguirre, quen fora alcalde de Ermua durante moitos anos e ata o pasado mes de xaneiro, como socio de honra do centro galego deste municipio. A el e ao seu sucesor, Juan Carlos Abascal, actual rexedor, tamén lles fixo entrega Rodríguez Miranda de senllos agasallos en agradecemento pola atención que prestan á comunidade galega no concello vasco.

A provincia de Biscaia concentra máis da metade dos galegos que residen no País Vasco, xa que a data 1 de xaneiro de 2018 acubillaba 26.811 galegos dos 42.745 que hai en toda a comunidade autónoma. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre