Inicio Galicia Miranda agradece ao Centro Galego de Londres o seu traballo a prol...

Miranda agradece ao Centro Galego de Londres o seu traballo a prol da cultura galega e trasládalle o respaldo da comunidade ante a incerteza xerada polo brexit

0

O secretario xeral da Emigración mantén un encontro co presidente dunha entidade que ten máis de 400 socios, dos que arredor do 85% son galegos


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro co presidente do Centro Gallego de Londres, Nicolás Miño Suárez, a quen, ademais de agradecerlle o seu traballo continuo a prol da cultura galega no Reino Unido, trasladoulle o respaldo da comunidade galega ante a incerteza xerada polo brexit. Neste sentido, Miranda sinalou que dita incerteza ten “unha alternativa en Galicia” a través dunha “batería de medidas deseñadas especificamente para aqueles que se plantexan regresar á comunidade”. O país cunha maior tendencia de retornoO Reino Unido é, de feito, o segundo Estado de Europa do que máis galegos retornan por detrás unicamente de Suíza, que encabeza a listaxe. O formado por Gran Bretaña e Irlanda do Norte é, ademais, o país desde o que máis se incrementou o retorno nos últimos cinco anos, case duplicándose (medrou o 93,6%) desde 2013, e é o que experimenta unha maior tendenza á alza. O retorno de Suíza, por exemplo, medrou un 70,52% desde 2013. A 1 de xaneiro de 20190 a cifra total de galegos residentes neste país europeo é de 14.736, o que o convirte no cuarto país do continente con maior presenza de galegos, superado por Suíza, Francia e Alemaña. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre