Inicio Galicia Miranda agradece a ?dedicación e o traballo incuestionable a prol dos galegos?...

Miranda agradece a ?dedicación e o traballo incuestionable a prol dos galegos? da Casa de Galicia en Cantabria no seu centenario

0

Anima aos socios a “presumir de galeguidade” na procura de “seguir espallando a nosa cultura a través dos galegos que residen en Cantabria e noutras comunidades autónomas”


Santander, 26 de outubro de 2019.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nos actos de celebración do Centenario da Casa de Galicia en Cantabria, durante os que destacou a “dedicación e o traballo incuestionable a prol dos galegos” da Casa de Galicia en Cantabria.

Neste marco, o titular do goberno autonómico animou aos socios a “presumir de galeguidade” na procura de “seguir espallando a nosa cultura a través dos galegos que residen en Cantabria e noutras comunidades autónomas”. “A conmemoración dun século de vida dunha entidade galega ten que ser un motivo de orgullo para todos e cada un dos galegos espallados polo mundo, porque implica que o lazo que nos une a todos a Galicia segue máis vivo ca nunca”, incidiu.

Os actos, nos que participou a alcaldesa de Santander, Gema Igual, deron comezo coa plantación dun carballo no Parque Mesones. Durante os mesmos, Miranda agradeceu o esforzo e a implicación da Casa Galicia nestes 100 anos nos que o centro “contribuíu a que a nosa cultura se asentara e enriquecera cunha terra coa que compartimos similitudes: Cantabria”.“Se algo nos identifica aos galegos é a nosa capacidade de superación, de afrontar retos sempre co convencemento de que o deber está por riba dos medos”, proseguiu o secretario xeral, quen subliñou que “Galicia ten ante si dous retos: o demográfico e o Xacobeo 2021”.

Para afrontar o primeiro, o titular de Emigración do Goberno galego lembrou a importancia dos “centos de miles de galegos que estamos espallados por todo o mundo, estendendo as nosas fronteiras e facendo patria alá onde imos”. E en canto ao Xacobeo 2021, o secretario xeral da Emigración convidou ao Centro Galego de Santander a aproveitar o seu centenario para facer de “divulgador e embaixador”.

Cen anos de longos vínculos coa terra O peche dos actos estivo a cargo do grupo de gaitas do centro galego Airiños da Terra, mostra da súa intensa “actividade cultural”, entre a que sobresae o concurso literario Julio Camba, a Semana Cultural das Letras Galegas ou os cursos de gaita.

Ademais, os actos de conmemoración do centenario inclúen a inauguración da exposición “Memoria Colectiva”, unha mostra fundamentalmente fotográfica que amosa imaxes do paso polas súas instalacións de intelectuais galegos como Otero Pedrayo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre