Inicio Galicia Miño recibirá este ano 39.000 euros de Medio Rural para o arranxo...

Miño recibirá este ano 39.000 euros de Medio Rural para o arranxo de camiños municipais

0


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá ao tenente de alcalde de Miño, Jesús Veiga, para abordar asuntos relativos ás infraestruturas do concello. Neste sentido, ambos responsables valoraron o orzamento que neste ano correspóndelle ao municipio dentro do Plan marco de mellora de camiños municipais, ata 39.000 euros a través dos cales poderá arranxar as súas pistas.

Este plan que se reedita cada ano para axudar aos concellos de toda Galicia está dotado neste ano con 15,9 millóns de euros distribuídos en dúas anualidades. O que se pretende a través deste programa anual é facilitar a accesibilidade nos concellos e, polo tanto, a calidade de vida dos veciños. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre