Inicio Galicia Míguez presenta a chegada do mundial de Enduro a Galicia como un...

Míguez presenta a chegada do mundial de Enduro a Galicia como un evento que posicionará á nosa comunidade como “centro do deporte do máximo nivel e destino turístico e deportivo”

0

A segunda proba do Campionato Mundial de Enduro celebrarase en Santiago de Compostela entre o 27 e o 29 de abril, tras recoller o relevo de Finlandia

A Coruña, 20 de abril de 2018.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou esta mañá na presentación da segunda proba do Campionato Mundial de Enduro que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 27 e o 29 de abril, tras recoller o relevo de Finlandia. Nas súas verbas, a responsable do Deporte galego asegurou que este evento posicionará a Galicia en todo o mundo como “centro do deporte de máximo nivel nestas especialidades e tamén como destino turístico e deportivo”.

Ademais, a titular da carteira deportiva do Goberno Autonómico sinalou que a celebración deste Campionato do Mundo en Galicia -a de Santiago é a única proba que terá lugar en España- “é un enorme mérito da Federación Galega de Motociclismo pola súa determinación, traballo duro, experiencia organizativa e coidado de cada detalle”. “Sen dúbida este campionato será un referente para o resto de organizacións”, engadiu.

Leer más:  Rescatan a un hombre tras precipitarse por un barranco el coche que conducía en Covelo (Pontevedra)

Esta será, dixo a secretaria xeral, “unha ocasión única para admirar aos mellores deportistas que veñen a disputar este campionato e a desfrutar das nosas paraxes incomparables, contorna, clima, servizos e de Santiago, onde acoden cada ano milleiros de camiñantes”. 


- Te recomendamos -