Inicio Galicia Míguez destaca o tecido asociativo que ?medra en cantidade e calidade? e...

Míguez destaca o tecido asociativo que ?medra en cantidade e calidade? e que posibilita que desde a tempada 2009-2010 a Xunta e Abanca destinen 20 millóns de euros aos equipos de alto nivel

0

O Plan de patrocinio que contará cun orzamento global de 2.420.000 euros, está financiado pola Fundación Deporte Galego (1.694.000 euros) e por Abanca (726.000 euros) e beneficiará a un total de 171 equipos galegos o que representa un incremento do 92% desde o primeiro ano do Plan


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, polo xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, e mais o director territorial de Vigo, Jorge Martínez Martínez, presentou na tarde de hoxe os convenios de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia para o exercicio 2018, neste caso dos equipos de Vigo e a súa área. O Plan de patrocinio, que para esta tempada contará cun orzamento global de 2.420.000 euros, está financiado pola Fundación Deporte Galego (1.694.000 euros) e por Abanca (726.000 euros) e beneficiará a un total de 171 equipos galegos o que representa un incremento do 3% con respecto ao ano anterior, cando foron 166 os equipos beneficiados, e do 92% respecto ao primeiro ano do Plan, na tempada 2008-2009 que contou con 89 equipos patrocinados. Un ano máis, o número de equipos femininos patrocinados volve medrar, 28 equipos na tempada 2008-2009, 69 o exercicio pasado e 72 na actual campaña porque, como dixo Marta Míguez, “dalgún xeito ten que verse reflictido que cada ano somos máis as mulleres que practicamos deporte, ben sexa federado ou non”. De feito, lembrou que nesta tempada, as cifras de licenzas femininas no deporte federado galego xa alcanza o 23,6% do total.

Leer más:  Un fuego arrasa 20 hectáreas en Oímbra, Ourense, y el incendio en Crecente, Pontevedra, se mantiene bajo control

A responsable do deporte galego felicitou a todos os equipos presentes polo traballo e polos resultados acadados e dirixiuse aos directivos dos clubs para felicitalos tamén pola súa xestión. Nas súas verbas, Míguez dixo crer no “tecido asociativo que cada ano medra en cantidade e calidade e que presta un servizo fundamental á sociedade facéndolle accesible o deporte e a competición”.

En termos absolutos, desde que o Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia botou a andar na tempada 2009-2010 a Xunta leva consignados a este aspecto preto de 20 millóns de euros. Neste sentido, a a secretaria xeral agradeceu a ABANCA “o seu esforzo e a súa aposta decidida polo deporte galego”.

Ao fío desta idea, a secretaria xeral identificou o deporte como “unha fórmula xeradora de negocio polo seu enorme retorno, notoriedade e boa imaxe”, cualidades extensivas ás empresas que o apoian, engadiu. Por todo iso, dixo Marta Míguez, “o deporte como produto de consumo constitúe un obxecto económico moi atractivo no mercado de bens e servizos” e supón maior visibilidade e importantes oportunidades de comercialización e vantaxes competitivas. “Apoiar ao deporte é sempre un investimento”, apuntou. Así, Marta Míguez fixo un chamamento a todas aquelas entidades privadas para que, como ABANCA, “se sumen a este compromiso de patrocinio do deporte galego porque só se pode gañar apostando polos mellores expoñentes”.

Leer más:  La Xunta abre a participación pública o plan de conservación do espazo natural da Torre de Hércules

Os 37 equipos de Vigo e a súa área que asinaron hoxe os convenios de patrocinio suman un investimento total de 615.740,70 euros, o 25% do orzamento total do plan, e foron: o Clube Balonmán Atlético Guardés, Club Bádminton As Neves, Club Balonmán Cangas, Alondras Club de Fútbol, Real Club Náutico Rodeira, Club de Mar Ría de Aldán (masculino e feminino), Agupación Deportiva Vincios, Sociedad Deportiva Tirán, Club Ciclista Rías Baixas, Escuelas Deportivas Val Miñor Nigrán, Club Ciclista Spol, C. D. Balonmán Chapela, Sociedad Atlética Redondela, Racing Cycling Team, Club Deportivo Miño, Club Kayak Tudense (masculino e feminino), Real Club Celta de Atletismo, Club Atletismo Femenino Celta, Club Deportivo Bosco, Club AMFIV, Club Balonmán Seis do Nadal-Coia, Asociación Deportiva Carballal, Halcones de Vigo Béisbol Club, Trasnos Béisbol Club, Club Bowling Celta, Club Ciclista Vigués, Club de Esgrima de Vigo El Olivo, Sárdoma Club Fútbol, S.

C.

D. Atlántida de Matamá, Coruxo Club de Fútbol, Club Rápido de Bouzas, Club Deportivo Areosa, Vigo Rugby Club, Club Vigo Voleibol e o Club Deportivo Xuvenil Teis.

Leer más:  El PSdeG premia a las futbolistas Vero Boquete y Paula Dapena con los V Premios de Igualdad 'Maruja Vázquez'

- Te recomendamos -