Inicio Galicia Míguez asegura que a Cross Ponte Romana ?estase a converter na proba...

Míguez asegura que a Cross Ponte Romana ?estase a converter na proba de referencia do noroeste peninsular? na presentación da terceira edición que homenaxea a Margaride

0

Salienta algunhas das características que fan da Cross Ponte Romana “unha das probas máis importantes da nosa terra” como “a súa localización ou a proximidade de servizos”


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez participou hoxe na presentación da III Cross Ponte Romana de Lugo que terá lugar o vindeiro 25 de novembro. A responsable da carteira autonómica de Deporte destacou que este cross “convértese ano a ano na proba de campo a través de referencia para o noroeste peninsular e nunha das máis importantes do calendario nacional” ao formar parte, por segundo ano consecutivo, do calendario RFEA (única de Galicia) e do calendario ANOC onde se atopan as mellores porbas do mundo.

Nas súas verbas, Marta Míguez salientou algunhas das características que fan da Cross Ponte Romana “unha das probas máis importantes da nosa terra” como “a súa localización ou a proximidade de servizos”. A secretaria xeral tamén sinalou que “Lugo achega un campo de cross inmellorable a tan só dez minutos do centro urbano cun percorrido de herba a carón do Miño” e que os atletas e o público terán “múltiples facilidades” ao dispor de “amplos parkings, cafetería, zona indoor para secretaría, quecemento e vestiarios, baños, duchas…”.

Leer más:  La operación en Ourense y Pontevedra contra fabricantes de narcolanchas continúa abierta con seis detenidos

Respecto á homenaxe que se realizará ao atleta Tito Margaride, Marta Míguez destacou a súa capacidade de “resiliencia e superación”. Tras sufrir un ictus, “Tito foi quen de darlle a volta á situación e comezou a construír a súa aventura paralímpica” colleitando numerosos éxitos como “unha medalla de bronce en 1500 metros en Sidney e dous diplomas olímpicos nos 5000 metros en Arlanta e nos 800 metros tamén en Sidney”, subliñou. 


- Te recomendamos -