Inicio Galicia Meteogalicia inicia a súa programación de actividades formativas dirixida a escolares e...

Meteogalicia inicia a súa programación de actividades formativas dirixida a escolares e universitarios para o curso 2019-2020

0

A meirande parte dos visitantes que se interesan por este organismo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, son estudantes de centros de primaria e secundaria e alumnos de carreiras relacionadas coa súa actividade


Centos de persoas xa están inscritas para participar nalgunha das actividades formativas e de divulgación programadas para este curso escolar por MeteoGalicia co fin de achegar á cidadanía o mundo da meteoroloxía. O programa oficial comezou o pasado mes de setembro e prolongarase ata final de curso. Só ata abril xa están pechadas e previstas un total de 27 visitas, aínda que a cifra podería incrementarse debido a que aínda quedan datas dispoñibles para maio e xuño.

A maioría das persoas que participan nestas actividades son estudantes de Educación Primaria, Secundaria e Especial, aínda que en menor medida tamén reciben a universitarios e alumnos de formación profesional. De feito, nos últimos anos tense constatado un interese crecente por coñecer MeteoGalicia entre o alumnado das Universidades de Santiago de Compostela (USC) e de Vigo (UVIGO), sobre todo entre os que estudan Enxeñaría Ambiental, Física, Química ou outras carreiras relacionadas coa súa actividade.

O programa que oferta MeteoGalicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, inclúe sesións formativas sobre meteoroloxía e aparellos especializados na materia, charlas sobre contaminación ambiental, sesións sobre ruído ambiental e lanzamento de radiosondaxes.

Na seguinte táboa resúmense as próximas visitas e o municipio de procedencia dos grupos programados para o que resta de mes de outubro:ACTIVIDADES PREVISTAS EN METEOGALICIA EN OUTUBRO DE 2019  Día

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre