Inicio Galicia Meteogalicia incorpora información sobre a previsión de radiación ultravioleta na súa predición...

Meteogalicia incorpora información sobre a previsión de radiación ultravioleta na súa predición xeral

0

A web de Meteogalicia incorpora unha serie de cambios, operativos desde hoxe, co fin de mellorar o acceso á información meteorolóxica aos cidadáns


A páxina web de Meteogalicia ofrece información sobre a previsión do índice de radiación ultravioleta na súa predición xeral. Trátase dunha das novidades informativas que se vén de incorporar á web de Meteogalicia e que ata o momento só estaba dispoñible nas previsións específicas para as praias e as previsións marítimas en xeral; pero dado o interese dos usuarios, e máis de cara á nova tempada estival, decidiuse ampliala á información xeral.

Outra das novidades introducidas está relacionada coa previsión de concellos a medio prazo (predición a partir do cuarto día de previsión), de tal xeito que se inclúe un documento para axudar aos usuarios a interpretar a nova presentación das probabilidades de tempo seco, nubrado ou chuvioso.  O último dos cambios introducidos é nova información no apartado de avisos na web principal. Así, ao entrar no portal de Meteogalicia indicaranse etiquetas para tres xornadas, unha correspondente ao día da consulta e dúas etiquetas para as dúas xornadas seguintes. O color de fondo de cada etiquete será equivalente ao nivel máximo de aviso. Ata a actualidade, soamente se visualizaba a información de dúas xornadas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre