Inicio Galicia Medio Rural reforza a aposta polas frondosas autóctonas cun convenio coa Fundación...

Medio Rural reforza a aposta polas frondosas autóctonas cun convenio coa Fundación Paideia para impulsar especies como a cerdeira e o carballo

0

O acordo entre ambas partes contribuirá a diminuír a forte dependencia externa na comercialización destas especies procedentes doutros países da Unión Europea e a fomentar a súa produción na nosa comunidade

A Consellería do Medio Rural reforza a súa aposta polas frondosas autóctonas coa posta en marcha dun proxecto coa Fundación Paideia, que impulsará a produción de especies como a cerdeira e o carballo. Precisamente hoxe, a titular deste departamento, Ángeles Vázquez, e o vicepresidente da fundación, Guillermo Vergara, asinaron en Coruña o convenio de colaboración co que se fomentará a mellora do material forestal de reprodución.

A finalidade deste convenio é favorecer as demandas do sector forestal galego e contribuír a diminuír a forte dependencia externa na comercialización destas especies procedentes doutros países da Unión Europea. Deste xeito, abastecerase ao sector de planta de calidade que poida ser empregada nos montes galegos e así garantir a xeración de recursos para os seus propietarios e para a industria.

A consellería achegará o material mellorado xenericamente e coa trazabilidade necesaria de cerdeira, a través do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. No caso do carballo, empregarase material xenético proveniente do convenio de colaboración entre a Fundación Juana de Vega e o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal). Así, Medio Rural participará e colaborará nas accións previstas da citada investigación co persoal técnico e científico especializado en material forestal de reprodución e achegará os fondos necesarios para a realización das accións obxecto do convenio. O orzamento que achega o departamento autonómico ascende a 135.000 euros distribuídos nas anualidades de 2018, 2019 e 2020.

Leer más:  El fiscal general del Estado elogia el desempeño de la Fiscalía española y pide que no se ponga en duda

Pola súa parte, a fundación Paideia incrementará e optimizará o protocolo de cultivo in vitro de clons de cerdeira, a partir dos seleccionados polo seu crecemento e resistencia a enfermidades, aportando aproximadamente unhas 11.200 plantas desta especie. Tamén estudará a capacidade de multiplicación e porá a punto as técnicas para a reprodución polo mesmo método de cultivo de 20 xenotipos de carballo, seleccionados nas diferentes moutas selectas de Galicia, para a conservación do seu xermoplasma e o subministro de material suficiente. En ambos casos, a fundación comprométese a utilizar só o material vexetal subministrado polo CIF de Lourizán e entregar o que se xere á Dirección Xeral de Ordenación Forestal, ambas entidades dependentes da Consellería do Medio Rural.


- Te recomendamos -