Inicio Galicia Medio Rural presenta a actualización do Pladiga 2018 ao Consello Forestal de...

Medio Rural presenta a actualización do Pladiga 2018 ao Consello Forestal de Galicia, como paso previo á súa aprobación pola Xunta

0


O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, presidiu esta mañá en Santiago a xuntanza do Consello Forestal de Galicia na que se lle presentou ao sector a actualización do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2018, como paso previo á súa aprobación polo Goberno galego.

Fernández-Couto insistiu en que o Pladiga está vixente desde o ano 2007, sendo actualizado cada ano antes da tempada de alto risco de incendios. Polo tanto, resaltou, o que se aproba é a súa posta ao día, que este ano incorpora unha serie de novidades que inclúen melloras laborais e de carácter tecnolóxico. 

Leer más:  La asamblea del PSOE de Vigo propone a Gonzalo Caballero como candidato gallego a las europeas

- Te recomendamos -